DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.19563 e seis máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo correspondentes ao expediente DH.A15.19563 e seis máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.19563

Comunidade de Usuarios de Vilartarreo

16.469 m³

Manancial

Uso doméstico e gandeiro

L: Vilartarreo
P: Gorgullos (Santaia)
C: Tordoia

DH.A36.14162

Sociedade de Cazadores de San Cibrán-Xinés

1.095 m³

Pozo

Abastecemento dunha explotación cunícola

L: Condado
P: Abalo (San Mamede)
C: Catoira

DH.A36.15223

Valeriano Iglesias González

694 m³

Manancial

Rega de parcelas

L: Camiño da Canexa
P: Candeán (San Cristovo)
C: Vigo

DH.A15.25242

Hermenegildo Monforte Royo

6.973 m³

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: O Xangote
P: Codesoso (San Miguel)
C: Sobrado

DH.A15.20842

Rosa Batalla Tubio

4.730 m³

Pozo

Abastecemento e gandeiro

L: Asneiros
P: Ermedelo (San Martiño)
C: Rois

DH.A15.27120

José Tomás Méndez Castro

2.246,4 m³

Regato Abelendas

Accionamento dun muíño, con carácter etnográfico

L: Pedreda
P: Iria Flavia (Santa María)
C: Padrón

DH.A15.26313

Granjas San Luis, S.L.

9.669 m³

Dous pozos

Gandeiro

L: A Pereiriña
P: A Pereira (Santo André)
C: Santa Comba