DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50341

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2026, e pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e do segundo exercicio.

No Diario Oficial de Galicia número 143, do 31 de xullo de 2026, publicouse a Orde do 21 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

O 9 de setembro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 171 a Resolución do 8 de setembro pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B). Na páxina web da Agasp publicáronse a listaxe provisional de persoas admitidas, a listaxe provisional de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega e a listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, coa indicación da causa determinante da exclusión. Tras esta publicación, establécese un prazo de dez días hábiles para presentar as emendas oportunas.

Unha vez finalizado o prazo de emenda, e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso, por oposición libre (código de procedemento PR461B), nos corpos da Policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2026.

Poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (https://agasp.xunta.gal):

– A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas.

– A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, coa indicación da causa determinante da súa exclusión.

– A listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega.

Segundo. Anunciar que a proba de coñecementos e a proba de coñecementos de lingua galega se realizarán o 28 de setembro de 2026, en chamamento único, e que comezarán ás 15.30 horas no recinto feiral de Silleda (Pontevedra).

As persoas aspirantes deberán consultar na páxina web da Agasp toda a información, indicacións, criterios e normas que se han ter en conta que o tribunal nomeado para cualificar este proceso publique para o efecto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 24 de setembro de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública