Mediante a Resolución do 12 de maio de 2026 (DOG número 92, do 20 de maio), a Consellería de Facenda e Administración Pública convocou un concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda e Administración Pública.
A base cuarta da convocatoria establece que «expirado o prazo de presentación de solicitudes de participación, a Comisión de Valoración regulada na base sétima verificará que as persoas solicitantes reúnan os requisitos e condicións exixidos para participar no concurso e que se presentou toda a documentación requirida segundo o establecido na base terceira, e elaborará unha proposta de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se publicará, indicando a causa de exclusión, no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública».
O 21 de setembro de 2026, a Comisión de Valoración elaborou a proposta de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no devandito concurso específico.
En consecuencia, de conformidade co establecido na normativa citada, logo da proposta da Comisión de Valoración do 10 de agosto de 2026, esta Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro, no uso das competencias delegadas en virtude do disposto no artigo 1.g) da Orde do 15 de decembro de 2021 (DOG número 246, do 24 de decembro),
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda e Administración Pública.
A relación de persoas admitidas e excluídas figuran como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública (https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/concursos-especificos).
De conformidade coa base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o o caso, o defecto que motivase a exclusión. A reclamación dirixirase ao Servizo de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública e poderá presentarse por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A estimación ou desestimación das devanditas peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publica a listaxe definitiva.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG núm. 246, do 24 de decembro)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
ANEXO I
Listaxe provisional de persoas admitidas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
|
Agrelo Carballeda |
Silvia |
***1890** |
|
Alonso de Abel |
Rebeca |
***6704** |
|
Andrade Rodríguez |
María Luz |
***2041** |
|
Baltasar Fernández |
Francisco Javier |
***2215** |
|
Carreira Costas |
Elvira |
***0508** |
|
Castedo de la Fuente |
Isabel |
***5013** |
|
Coego Montoto |
Paula |
***8956** |
|
Eiroa Fondo |
Ana María |
***6641** |
|
Fernández Burgo |
María Icíar |
***7735** |
|
Fernández Loureiro |
David |
***4657** |
|
Ferreiro del Rey |
Óscar |
***4371** |
|
Fraga Martínez |
María del Rosario |
***5528** |
|
García Novais |
Isabel |
***3292** |
|
Grandal López |
Adrián |
***1574** |
|
Grela Carballeira |
Irene |
***5589** |
|
Hermo Mato |
María Teresa |
***6743** |
|
Mauriz Montero |
Consuelo |
***5192** |
|
Mourelle Ferreiro |
Juan Carlos |
***1570** |
|
Novás Pereira |
Óscar |
***6936** |
|
Pérez Martínez |
José Antonio |
***1791** |
|
Picallo Gago |
María Carmen |
***7130** |
|
Prego Teira |
Ramón |
***2480** |
|
Ramos Becerra |
Manuel Rubén |
***4444** |
|
Rey Vázquez |
Raquel |
***4209** |
|
Seoane Fernández |
Julián |
***5987** |
|
Seoane Viqueira |
María Dolores |
***1518** |
|
Sobrino Garfia |
Francisco Javier |
***3937** |
|
Souto Mariñas |
María Celina |
***0184** |
|
Vázquez Pérez |
Patricia Pilar |
***6363** |
|
Veiga Iglesias |
Ana |
***2843** |
|
Ventura Rodríguez |
Elías |
***6028** |
|
Villa Robredo |
María Elena |
***2873** |
ANEXO II
Listaxe provisional de persoas excluídas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
Causa de exclusión |
|
Santos Caneda |
Alberto Javier |
***9532** |
(1) |
(1) Non reúne os requisitos exixidos para o desempeño dos postos de traballo aos que desexa concursar (base segunda, punto 1, da convocatoria).
