Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 novembro), faise público que por un prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental da explotación avícola de galiñas poñedoras situada en Leira Nova, concello de Agolada (Pontevedra), presentada por Proteínas y Cereales de Galicia, S.L., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Así mesmo, a documentación estará dispoñible na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/ >>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proyectos en información pública).
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Categoría principal da actividade: 9.3.a (instalacións gandeiras dedicadas á cría e ceba, en explotacións intensivas, de todo tipo de aves, tanto para a produción de carne coma para a produción de ovos ou para a reprodución).
Titular: Proteínas y Cereales de Galicia, S.L.
NIF: B67748392.
Domicilio social: rúa da Mercé, 1, 9º D, concello da Coruña (A Coruña).
Enderezo da instalación: Leira Nova, concello de Agolada (Pontevedra).
Actividade principal: explotación avícola de galiñas poñedoras.
Descrición: explotación avícola de 365.496 galiñas poñedoras en aviarios, aloxadas en catro naves. As instalacións proxectadas inclúen un centro de clasificación e envasado de ovos, unha nave de usos varios, unha edificación fotovoltaica e unha esterqueira con fosa de lixiviados.
Verteduras: as augas residuais procedentes tanto da limpeza das naves coma dos aseos e vestiarios, xunto cos lixiviados da esterqueira, canalizaranse cara a depósitos estancos para a súa posterior xestión por parte dun xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.
Control do esterco: o esterco xerado será recollido por un xestor autorizado.
