DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50478

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026 pola que se dá publicidade á Resolución do 11 de setembro de 2026 de concesión da segunda quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).

No Diario Oficial de Galicia número 89, do 15 de maio de 2026, publícase a Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).

De conformidade co artigo 16 e coa disposición adicional primeira das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 15.

Así mesmo, os artigos 11 e 16 das bases establecen que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que determina que esta publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto, logo da presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 11 de setembro de 2026 a resolución que finaliza o procedemento, da segunda quenda,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de setembro de 2026 de concesión da segunda quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402C), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 11 de setembro de 2026, que finaliza a segunda quenda deste procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela, Sección do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Resolución do 11 de setembro de 2026 de concesión da segunda quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026
(código de procedemento CT402C)

Antecedentes administrativos:

1. No Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 15 de maio, publícase a Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, para a concesión de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).

2. O artigo 1.7 das bases da convocatoria establece que as subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e a hora de entrada no Rexistro.

O punto 8 do dito artigo indica que, para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que o expediente sexa presentado completo, incluídas as achegas realizadas coa solicitude correctamente cuberta e achegada toda a documentación exixida nesta resolución, xa sexa de oficio pola persoa solicitante ou por requirimento dos servizos administrativos.

3. O artigo 8 das bases da convocatoria establece que o prazo de presentación de solicitudes se inicia aos dez días da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata aos tres meses. Esta circunstancia implica que, para unha xestión eficaz e eficiente do procedemento, é necesario a resolución de solicitudes de xeito sucesivo co obxecto de que as persoas solicitantes que sexan beneficiarias poidan desenvolver o proxecto obxecto da subvención.

4. As solicitudes que, desde a apertura do prazo o 30 de xuño ata o 26 de agosto de 2026, cumpren os requisitos de admisión previstos nas bases reguladoras da convocatoria son as que se relacionan no anexo I.

5. No artigo 15 das bases da convocatoria establécese que na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola Dirección da Axencia, que se elevará á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. No punto 2 do artigo 15 das bases da convocatoria indica que «ao tratarse dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Axencia publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia».

7. Con data do 11 de setembro de 2026, logo da instrución do procedemento, o director da Axencia, como órgano instrutor, ditou unha proposta de resolución, que foi elevada á Presidencia do Consello Reitor, en que se indica as solicitudes propostas para acadar subvencións e o importe económico que se propón para cada unha delas. Esta proposta implica o esgotamento de crédito asignado ás modalidades A1, A2, A3 e B2, polo que as solicitudes que non acadan subvención por esgotamento do crédito orzamentario na modalidade pasan a formar parte da lista de espera que se relaciona no anexo IV.

Consideracións legais e técnicas:

1. É competente para a resolución de concesión da axuda o presidente do Consello Reitor da Agadic, de conformidade co disposto no artigo 16 da Resolución do 29 de abril de 2026, que establece que a Presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar unha resolución expresa no prazo de quince días desde a data da elevación da proposta de resolución.

2. Todos os expedientes de solicitudes de subvencións a distribución das industrias culturais, co código de procedemento CT402C, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.

3. O importe da axuda ten carácter de minimis, de acordo co Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).

4. Como resultado de todo o proceso, o director da Agadic como órgano instrutor presenta a súa proposta de resolución o día 11 de setembro de 2026.

Por todo o anteriormente exposto, logo de examinar a proposta de resolución e de conformidade con ela,

RESOLVO:

1. Inadmitir, e ter por desistidas, as solicitudes que se relacionan no anexo II polas causas que se indican.

2. Subvencionar, polos importes que se expresan, as solicitudes que se relacionan no anexo III.

3. Desestimar, por esgotamento do crédito orzamentario na modalidade, as solicitudes que se relacionan no anexo IV que pasarán a formar unha lista de espera, respectando a orde de prelación resultante da orde cronolóxica da solicitude e a categoría a que se presentan.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela, Sección do Contencioso-Administrativo, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Esta resolución notificaráselle á entidade interesada, de xeito complementario á súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.

ANEXO I

Solicitudes presentadas

Data Rex. Agadic

Núm. Rex. Agadic

Mod.

Solicitante

NIF solicitante

Proxecto

Importe solicitado

30.6.2026 16.40

1969887

B1

Brais González Pérez

***7219**

Y sin embargo hemos nacido

2.656,16 €

2.7.2026 12.59

1995490

B1

Galunk Producións ESPJ

***8813**

Orgulho Tour 2026-Rebeliom do Inframundo

4.950,00 €

7.7.2026 11.31

2036658

B1

Dakidarría, S.L.

B27845478

Xira Dakidarría 2026

15.000,00 €

8.7.2026 23.55

2061000

B2

Artefeito Producións, S. Coop. Galega

F70586763

Tres pesos no Festival Dous Mares (Valencia)

1.660,00 €

16.7.2026 12.41

2137997

A2

Marta Iglesias Martín

***6210**

C´est pas Possible en el Festival de Circo a la Calle de Zamora

905,00 €

22.7.2026 13.10

2191787

A3

Barafunda, S.L.

B27756402

Distribución Barafunda

792,00 €

24.7.2026 13.31

2214851

B3

Gabriel García Estévez

***1330**

Asistencia a la feria BIME Bilbao 2026 para la promoción y distribución El último ciclista

1.440,00 €

27.7.2026 14.04

2229106

A2

Marta Iglesias Martín

***6210**

Hoxe Si! en Festival O Mundo ao Contrario en Paredes de Coura

680,00 €

5.8.2026 13.04

2318064

A2

Daniel Rodríguez Fernández

***8210**

Transeunte en Mandala Dance

3.646,07 €

7.8.2026 11.33

2338985

B3

Cudbe Music, S.L.

B70125802

Asistencia profesional de CudBe Music, S.L. al Amsterdam Dance Event 2026

1.295,00 €

2.9.2026 20.23

2546980

A1

Marta Iglesias Martín

***6210**

Xira verán Sempre Arriba

1.307,98 €

8.9.2026 18.54

2598143

B3

Nordesía Produccións, S.L.

B15547235

Asistencia a feiras-Nordesía

1.554,00 €

26.8.2026 8.47

2475405

B2

Nordesía Produccións, S.L.

B15547235

A Pedreira

2.500,00 €

26.8.2026 12.48

2479899

B3

Eidon Música, S.R.L.

B27740950

Presentación artistas en Mil Lisboa

326,75 €

26.8.2026 13.11

2480411

B2

Eidon Música, S.R.L.

B27740950

Filloas Lisboa

400,00 €

26.8.2026 13.22

2480667

B1

Milson Noroeste, S.L.

B94147048

15.000,00 €

ANEXO II

Solicitudes inadmitidas e desistidas

A) Solicitudes inadmitidas.

Nº expediente

NIF

Solicitante

Proxecto

Causa de non admisión

CT402C 2026/103

F56321060

A Feroz, S. Coop. Galega

A fortaleza

Incumpre o artigo 1.5 da convocatoria

CT402C 2026/067

***1210**

Ana Beatriz Pérez Enríquez

La Guajira en el Festival Nerja Danza 2026

Incumpre o artigo 1.5 da convocatoria

CT402C 2026/092

J23844095

De Vacas, S.C.

Xira Rebovina Divas Live España 2026

Incumpre o artigo 1.5 da convocatoria

CT402C 2026/123

***1330**

Gabriel García Estévez

Asistencia a la feria BIME Bilbao 2026 para la promoción y distribución El último ciclista

Incumpre o artigo 10.1 da convocatoria

B) Solicitudes desistidas.

Nº expediente

NIF

Solicitante

Proxecto

Causa de desistencia

CT402C 2026/100

B15998966

Galitoon CSA 2005, S.L.

Xira 1

Non ter achegada a documentación solicitada mediante requirimento enviado con data do 11.6.2026

CT402C 2026/99

***3242**

Favio Leandro Zavatta

Favio Leandro Zavatta

Non ter achegado a documentación solicitada mediante requirimento enviado con data do 16.6.2026

CT402C 2026/63

***6210**

Marta Iglesias Martín

C´est pas Possible en Fest de Artistas Callejeros-Aranda de Duero

A persoa interesada solicita o desistencia e renuncia da solicitude, de conformidade co disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

CT402C 2026/117

***7219**

Brais González Pérez

Y sin embargo hemos nacido

Non ter achegada a documentación solicitada mediante requirimento enviado con data do 23.7.2026

CT402C 2026/129

B15547235

Nordesía Produccións, S.L.

A Pedreira

Non ter achegada a documentación solicitada mediante requirimento enviado con data do 2.9.2026

CT402C 2026/132

B94147048

Milson Noroeste, S.L.

Non ter achegada a documentación solicitada mediante requirimento enviado con data do 2.9.2026

ANEXO III

Solicitudes subvencionadas e importes das axudas

Data Rex. Agadic

Núm. Rex. Agadic

Mod.

Solicitante

NIF solicitante

Proxecto

Importe solicitado

Importe concedido

17.6.2026 11.33

1835582

A1

Sarabela, S.L.

B32117483

Xira nacional O dragón de ouro

6.320,00 €

6.320,00 €

16.6.2026 17.12

1827393

A1

Aida Colmenero Díaz

***3030**

Aida Colmenero Díaz Gira 26

15.000,00 €

15.000,00 €

8.6.2026 10.50

1727122

A2

Tanxarina, S.L.

B36303576

Xira exterior 2026

4.365,00 €

4.365,00 €

8.6.2026 00.47

1722617

A2

José Antonio Coucheiro Faílde

***2239**

Xira Internacional Múltiple

4.100,00 €

4.100,00 €

17.6.2026 11.35

1835633

A2

Sarabela, S.L.

B32117483

Xira Festivais

8.680,00 €

8.680,00 €

1.6.2026 9.38

1644209

A2

Butacazero, S.L.

B21694625

Melón pelado en FETEN

1.300,00 €

1.300,00 €

3.6.2026 13.57

1683667

A3

Artyc Content, S.L.

B10742666

Asistencia a feiras de teatro 2025-2026

966,82 €

966,82 €

26.5.2026 9.42

1578061

A3

Escena Sonora Producción Cultural, S.L.

B32487191

Asistencia feira musical Bilme en Bilbao

1.041,13 €

984,59 €

26.5.2026 9.51

1578324

A3

Culturactiva, S. Coop. Galega

F15983067

Asistencia Feiras Artes Escénicas

596,72 €

596,72 €

26.5.2026 9.55

1578443

A3

Marta Iglesias Martín

***6210**

Asistencia Feria de Umore Azoka en Leioa

183,06 €

183,06 €

26.5.2026 10.26

1579309

A3

Laboratorio Escénico, S. Coop. Galega

F70574371

Asistencia feira de Huesca

498,00 €

498,00 €

4.6.2026 20.30

1703085

A3

Francisco Agustín Sieira González

***8011**

Plan de asistencia a Feiras e marcados profesionais 2026

1.119,00 €

1.021,00 €

12.6.2026 12.49

1789111

A3

Urdime, S. Coop. Galega

F70353982

Participación feiras artes escénicas 2026

1.011,00 €

1.011,00 €

2.7.2026 12.59

1995490

B1

Galunk Producións ESPJ

***8813**

Orgulho Tour 2026-Rebeliom do Inframundo

4.950,00 €

4.394,83 €

15.6.2026 12.09

1805195

B2

Caamaño & Ameixeiras

***2710**

Festival Fetale

1.130,00 €

1.130,00 €

16.6.2026 13.24

1824084

B2

Music Arte Rey Saavedra, S.C.

J70238183

Musicarte concertos

2.577,58 €

2.577,58 €

26.6.2026 8.42

1929388

B2

Off Stage, S.C.

J55378822

Xira estatal 2025-2026 de The Rapants

15.000,00 €

2.996,21 €

16.6.2026 13.30

1824273

B2

Music Arte Rey Saavedra, S.C.

J70238183

Musicarte concerto en Portugal

2.400,00 €

1.201,50 €

7.8.2026 11.33

2338985

B3

Cudbe Music, S.L.

B70125802

Asistencia profesional de CudBe Music, S.L., al Amsterdam Dance Event 2026

1.295,00 €

1.295,00 €

8.9.2026 18.54

2598143

B3

Nordesía Produccións, S.L.

B15547235

Asistencia a feiras-Nordesía

1.554,00 €

1.554,00 €

26.8.2026 12.48

2479899

B3

Eidon Música, S.R.L.

B27740950

Presentación artistas en Mil Lisboa

326,75 €

219,94 €

ANEXO IV

Solicitudes desestimadas por esgotamento de crédito na súa modalidade
que forman a lista de espera por orde de prelación

Data Rex.

Agadic

Núm. Rex. Agadic

Mod.

Solicitante

NIF solicitante

Proxecto

29.6.2026 18.07

1956461

A1

Paula Quintas Santos

***7963**

Xira multiperspectivas3

29.6.2026 22.36

1958348

A1

Marta Alonso Tejada

***8758**

Aburrimento

29.6.2026 22.52

1958388

A1

Marta Alonso Tejada

***8758**

Sofa

7.7.2026 11.31

2036658

B1

Dakidarría, S.L.

B27845478

Xira Dakidarría 2026

8.7.2026 23.55

2061000

B2

Artefeito Producións, S. Coop. Galega

F70586763

Tres pesos no Festival Dous Mares (Valencia)

16.7.2026 12.41

2137997

A2

Marta Iglesias Martín

47362100V

C´est pas Possible en el Festival de Circo a la Calle de Zamora

22.7.2026 13.10

2191787

A3

Barafunda, S.L.

B27756402

Distribución Barafunda

27.7.2026 14.04

2229106

A2

Marta Iglesias Martín

***6210**

Hoxe Si! en Festival O Mundo ao Contrario en Paredes de Coura

5.8.2026 13.04

2318064

A2

Daniel Rodríguez Fernández

***8210**

Transeunte en Mandala Dance

26.8.2026 13.11

2480411

B2

Eidon Música, S.R.L.

B27740950

Filloas Lisboa

2.9.2026 20.23

2546980

A1

Marta Iglesias Martín

***6210**

Xira verán Sempre Arriba