DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50472

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2026

Convenios

Obxecto

Data da sinatura

Achega de Augas de Galicia

Aplicación orzamentaria (no caso de subvencións)

Acordo de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, en materia de cálculo intensivo do sistema Merlín, de alerta temperá para a predición de riscos de inundacións nos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa

Regular a colaboración entre as partes asinantes en materia de cálculo intensivo e comunicacións para o aloxamento e execución do sistema Merlín, que é un mecanismo de alerta temperá para a predición do risco de inundacións dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa, así como o almacenamento dos datos xerados por este

5.5.2026

64.558,13 €

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Triacastela para acometer e incorporar ao patrimonio público municipal a actuación de Ampliación e mellora da EDAR de Triacastela. Triacastela (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia

Aumentar o importe do convenio, reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución e ampliar a vixencia do convenio

19.5.2026

533.265,41 €

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño para a execución da actuación Mellora das infraestruturas de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño. Nova EDAR do Mendo. Salvaterra do Miño (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estrátexico da PAC 2023-2027 en Galicia

Aumentar o importe do convenio, reaxustar as anualidades ao ritmo previsto de execución e ampliar a vixencia do convenio

25.5.2026

2.002.544,24 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baiona para a execución da actuación de Obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Baiona. Baiona (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baiona que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na actuación de execución das Obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Baiona. Baiona (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

4.6.2026

2.147.439,76 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Poio para a execución da actuación de saneamento Novo bombeo e depósito de retención de Recheo. Poio (Pontevedra), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Poio que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de saneamento consistentes no Novo bombeo e depósito de retención de Recheo. Poio (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

19.6.2026

3.216.377,68 €

Convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Viveiro para a execución da actuación Renovación do abastecemento e saneamento na avenida Benito Galcerán. Viveiro (Lugo)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Viveiro que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación Renovación do abastecemento e saneamento na avenida Benito Galcerán. Viveiro (Lugo)

3.7.2026

29.893,82 €

06.82.542B.760.00

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boborás para a execución da actuación de Renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía da Almuzara. Boborás (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boborás que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras para a execución da actuación Renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluvias na travesía da Almuzara. Boborás (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

9.7.2026

768.676,23 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Friol para a execución da actuación de Abastecemento de auga á parroquia de Seixón. Friol (Lugo), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (feder), no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Friol que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras para a execución da actuación Abastecemento de auga á parroquia de Seixón. Friol (Lugo), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

21.7.2026

498.046,14 €

Convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Tordoia para a execución da actuación Abastecemento á Pontraga. Tordoia (A Coruña)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Tordoia que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación Abastecemento á Pontraga. Tordoia (A Coruña), a súa explotación e a súa conservación e mantemento

27.7.2026

55.765,57 €

06.82.542B.760.00

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade pública empresarial Augas de Galicia para o control da calidade das augas subterráneas do ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia Costa polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

Prorrogar a vixencia do acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade pública empresarial Augas de Galicia

30.7.2026

1.239.208,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e Augas de Galicia para os programas de control e vixilancia da calidade das augas destinadas a consumo humano, de control de emisións ao mar, de control de pequenos encoros e de control adicional de praguicidas do ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia Costa, polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

Regular a cooperación entre as partes asinantes de cara a unha adecuada programación e desenvolvemento da toma de mostras, análise e tratamento dos datos do programa de control de augas destinadas a consumo humano, do programa de control de emisións ao mar, do programa de control de pequenos encoros e do control adicional de praguicidas da demarcación hidrográfica de Galicia Costa

30.7.2026

4.108.852,00 €

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e os concellos de Cee e Corcubión para a execución da actuación de saneamento Nova estación depuradora de augas residuais de Cee e Corcubión. Cee (A Coruña), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e os concellos de Cee e Corcubión, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal de Cee as obras consistentes na Nova estación depuradora de augas residuais de Cee e Corcubión. Cee (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

30.7.2026

11.096.799,77 €

Convenio para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación de determinadas instalacións de saneamento e depuración que dan servizo aos concellos de Ferrol e Narón

Formalizar a encomenda ao Concello de Ferrol da

explotación, mantemento e conservación das instalacións de saneamento e depuración que dan servizo aos concellos de Ferrol e Narón

31.7.2026

Convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Carballeda de Avia para a execución de Actuacións na EDAR de Carballeda de Avia

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Carballeda de Avia que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a diferentes Actuacións na EDAR de Carballeda de Avia, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

31.7.2026

89.623,15 €

06.82.542B.760.00

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Gomesende para a execución da actuación de Renovación da rede de abastecemento en San Lourenzo de Fustáns. Gomesende (Ourense), cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Gomesende que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución da actuación de Renovación da rede de abastecemento en San Lourenzo de Fustáns. Gomesende (Ourense)

3.8.2026

572.480,96 €

Convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Teo para a execución da actuación Subministración e montaxe dun silo para almacenamento de lodos na EDAR de Calo

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Teo que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras necesarias para levar a cabo a actuación Subministración e montaxe dun silo para almacenamento de lodos, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

3.8.2026

69.066,80 €

06.82.542B.760.00

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Crecente para a execución da actuación de Saneamento e depuración en Rebordechán. Crecente (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Crecente que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución da actuación de Saneamento e depuración en Rebordechán. Crecente (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

11.8.2026

871.191,02 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baiona para a execución da actuación Modificación do bombeo de augas residuais en Santa Marta. Baiona (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baiona que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na execución da actuación de Modificación do bombeo de augas residuais en Santa Marta. Baiona (Pontevedra)

11.8.2026

242.452,67 €

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cenlle para a execución da actuación de Renovación das infraestruturas básicas na parroquia de Laias. Cenlle (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cenlle que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras para a execución da actuación Renovación das infraestruturas básicas na parroquia de Laias. Cenlle (Ourense), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

12.8.2026

461.837,63 €