DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50468

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2026, 2027 e 2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A Consellería de Política Social e Igualdade convocou no ano 2026 axudas para a posta en marcha de casas niño, a través da Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2026, 2027 e 2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C) (Diario Oficial de Galicia núm. 151, do 12 de agosto).

O prazo e a forma de presentación de solicitudes está regulado no artigo 10 da mencionada Orde do 31 de xullo de 2026, e no artigo 11 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes para a posta en marcha de casas niño, código de procedemento BS403C, ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o referido artigo 10 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas, para que, nun prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación, o día 17 de setembro de 2026, de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS403C, subvencións para a posta en marcha de casas niño, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda, acto coa relación que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Conciliación Familiar a través da conta de correo demografiaeconciliacion@xunta.gal

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS403C, subvencións para a posta en marcha de casas niño.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes.

Data do acto administrativo: 17 de setembro de 2026.

Órgano competente: órgano instrutor.

Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Expediente

Solicitante

NIF

Emenda/documentación requirida

BS403C/2026-2

Aitana Quintela Sánchez

***3463**

Cambiar a descrición do nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en funcionamento, de conformidade co artigo 11.1, letra c).

BS403C/2026-4

Uxía Pérez Vázquez

***4613**

Achegar o informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde, de conformidade co artigo 11.1, letra g).

BS403C/2026-5

Gabriela Beatriz Molfese

***6227**

Achegar a documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a).4º e 5º, de conformidade co artigo 11.1, letra a).

Achegar o informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde, de conformidade co artigo 11.1, letra g).

Completar e achegar o orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V, de conformidade co artigo 11.1, letra i).

BS403C/2026-7

Jennifer Taboada

Expósito

***9759**

Achegar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, de conformidade co artigo 11.1, letra h).

BS403C/2026-8

Laura Bermúdez Souto

***2628**

Achegar o informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde, de conformidade co artigo 11.1, letra g).

Completar e achegar o orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V, de conformidade co artigo 11.1, letra i).

BS403C/2026-9

Rocío Alonso Domínguez

***3457**

Cambiar a descrición do nome do proxecto, que non será coincidente co nome dos proxectos xa en funcionamento, de conformidade co artigo 11.1, letra c).

Achegar a documentación acreditativa de estar en posesión da formación ou da experiencia recollidas no artigo 4.1.a).4º e 5º, de conformidade co artigo 11.1, letra a).

Achegar a memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de nenas/os usuarias/os e se xustifique a súa necesidade e oportunidade e indicar o nome do proxecto, que estará relacionado coa activade desenvolvida e que non será coincidente co nome dos proxectos xa en funcionamento, nos termos previstos no artigo 11.1, letra c).

Achegar a proposta pedagóxica básica asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto, que, en todo caso, aborde a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal con respecto á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada, de conformidade co artigo 11.1, letra c).

Achegar unha descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c), de conformidade co artigo 11.1, letra e).

Achegar a memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De térense que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 11.1, letra f).

Achegar o informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde, de conformidade co artigo 11.1, letra g).

Achegar o plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia durante o desenvolvemento do proxecto, de conformidade co artigo 11.1, letra h).

Completar e achegar o orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo V, de conformidade co artigo 11.1, letra i).

BS403C/2026-10

Carolina Seoane Palomares

***3428**

Achegar unha descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e composición de todos os elementos recollidos no artigo 4.1.c), de conformidade co artigo 11.1, letra e).

Achegar a memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias e planos, a escala e acoutados, descritivos do estado actual. De térense que realizar obras de reforma, tamén se incluirán planos a escala representativos do estado reformado, nos termos previstos no artigo 11.1, letra f).

Achegar o informe dos servizos técnicos municipais de que o inmoble proposto presenta ou terá, logo da reforma proposta, as características arquitectónicas establecidas nesta orde, de conformidade co artigo 11.1, letra g).

BS403C/2026-11

Paula Mella Ramos

***2873**