O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento á devandita obriga,
RESOLVO:
Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social e Igualdade durante o segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2026
|
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Importe (€) da Consellería |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Labaca no desenvolvemento do programa Escola de segunda oportunidade para persoas mozas dos centros Concepción Arenal e CIEMA Coruña e de soporte á autonomía de persoas mozas que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación Labaca, para as actividades que leva a cabo durante o ano 2026, dirixidas a facilitar, a través do programa Escola de segunda oportunidade, o tránsito á autonomía e a inserción sociolaboral de persoas mozas, de idades comprendidas entre 16 e 25 anos, que se encontren cumprindo ou finalicen medidas xudiciais de internamento nos centros de Concepción Arenal e CIEMA da Coruña e inician a execución dunha medida non privativa de liberdade e residan na cidade da Coruña naqueles casos nos que o seu contorno sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción sociolaboral. |
1.6.2026 |
19.999,55 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación ARELA para o Proxecto de difusión e publicidade da medida xudicial de convivencia de menores, con persoa ou familia allea, na provincia de Pontevedra. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión dunha subvención pública con carácter directo pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Arela, para a realización de actividades do Proxecto de difusión e publicidade da medida de convivencia con persoas ou familia alleas daquelas/es menores que sexan derivados para tal fin polo Xulgado de Menores de Pontevedra. |
3.6.2026 |
28.209,74 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Solidariedade Galega con Pobo Saharauí para o desenvolvemento do programa Vacacións en paz 2026. |
Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento do programa Vacacións en paz 2026, da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. |
20.5.2026 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026. entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, do desenvolvemento do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa da entidade Aldeas Infantiles SOS de Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026. |
30.6.2026 |
198.353,44 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026. entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) para o desenvolvemento do programa Xerando cultura de acollemento. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, para o programa Xerando cultura de acollemento, do que é titular a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) e mediante o cal se pretende facilitar o adecuado desenvolvemento da persoa menor acollida a través da orientación, o asesoramento, o acompañamento e o apoio especializado ás familias acolledoras e/ou ás persoas menores. |
23.7.2026 |
115.168,72 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026. entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a agrupación constituída polas entidades Fundación Aldaba e Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, para o desenvolvemento do programa de experiencias familiares de referencia En familia. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade á agrupación constituída polas entidades Fundación Aldaba e Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, do desenvolvemento do programa de experiencias familiares de referencia En familia, do que é titular a agrupación e a través do cal se lles facilita aos nenos, nenas e adolescentes, mediante estadías temporais con familias alleas, un marco referencial de vida nun núcleo pequeno como é a familia, onde a colaboración, a axuda e o respecto posibiliten experiencias que permitan o coñecemento que supón unha relación familiar e que axude a incrementar a súa autoestima e seguridade persoal, á vez que amplíe a súa rede relacional. |
28.8.2026 |
218.455,93 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados ás familias numerosas galegas durante o ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade das actuacións desenvoltas pola Asociación Galega de Familias Numerosas, da difusión dos beneficios e das vantaxes dos programas e medidas destinadas ás familias numerosas e do desenvolvemento de accións de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxes como medidas de apoio e axudas ás devanditas familias durante o ano 2026. |
19.6.2026 |
32.224,72 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Alcer Galicia para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (Programa Medro con Alcer) no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, do programa da entidade Federación Alcer Galicia de intervención psicosocial con menores con enfermidade renal crónica en Galicia, Programa Medro con Alcer, no ano 2026, que ten como finalidade a intervención psicosocial, apoiando e acompañando as familias con menores que padecen unha enfermidade renal crónica no ámbito da Comunidade Autónoma para mellorar a súa calidade de vida dentro do seu proceso de adaptación e convivencia coa enfermidade renal crónica, tratando de minimizar as posibles dificultades derivadas do seu coidado, así como adaptarse á enfermidade e mellorar o seu benestar social, establecendo bases sólidas de coordinación entre todas as partes implicadas na atención, dentro dos procesos de atención socio sanitaria a persoas menores con enfermidades renais crónicas. |
26.8.2026 |
40.000,00 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, dun programa de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela que ten como finalidade a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillos e/ou fillas menores ao seu cargo mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais, favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral, a súa asistencia a actividades de formación laboral e/ou formación continua, posibilitar o autoemprego, promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares e favorecer a súa promoción profesional, así como previr situacións de risco social e axudar á crianza dos nenos e nenas favorecendo a súa socialización. |
17.7.2026 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Educando en Familia para o desenvolvemento dun programa de intervención educativo-familiar no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dun programa da Asociación Educando en Familia de intervención educativo-familiar dirixido ás familias de Terra Chá e da Mariña lucense para o ano 2026. |
26.8.2026 |
40.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para o desenvolvemento dun proxecto denominado Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, do proxecto Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias que a entidade prevé desenvolver no ano 2026. |
16.7.2026 |
27.238,23 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, crónicas o terminales para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos, no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, a favor da Fundación Andrea para a realización do seu programa denominado Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos. |
8.6.2026 |
20.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Ingada para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias con membros con TDAH e/ou trastornos asociados, no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación Ingada, do Programa de asesoramento dirixido ás familias de membros con TDAH e/ou trastornos asociados para o ano 2026 desenvolvido pola entidade, que contribúe á detección temperá do trastorno de TDAH e á intervención, á modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar e que ten como finalidade que as familias poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras e superar situacións de necesidade e risco social. |
26.8.2026 |
80.000,00 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Ribadeo para a adquisición de equipamento destinado á Residencia de Maiores de Ribadeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade ao Concello de Ribadeo, para a adquisición de bens inventariables destinados á Residencia de Maiores de Ribadeo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
23.6.2026 |
46.479,42 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Castrelo de Miño para o Proxecto de mellora da accesibilidade, seguridade e habitabilidade na vivenda comunitaria municipal de Castrelo de Miño, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade ao Concello de Castrelo de Miño, para o Proxecto de mellora da accesibilidade, seguridade e habitabilidade na vivenda comunitaria municipal de Castrelo de Miño, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
23.6.2026 |
50.000,00 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2026 entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Boimorto para a reforma e mellora das instalacións e equipamentos da Residencia e do Centro de Día de Boimorto, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade ao Concello de Boimorto, para as obras de reforma e mellora das instalacións e equipamentos destinadas á residencia de maiores e ao Centro de Día de Boimorto, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
23.6.2026 |
99.999,99 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Piñor para o financiamento das obras de mellora da cuberta do antigo Centro Social de Albarona, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade ao Concello de Piñor, para as obras de reparación integral e mellora da cuberta do antigo Centro Social de Albarona, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
23.6.2026 |
48.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Disminuidos Físicos y Psíquicos de Mos para a modernización do equipamento do Centro de Día O Son do Regueiro mediante a adquisición dun vehículo eléctrico adaptado, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade a Asociación de Disminuidos Físicos e Psíquicos de Mos, para a adquisición dun vehículo eléctrico adaptado destinado ao servizo de transporte das persoas usuarias do Centro de Día O Son do Regueiro, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU. |
23.6.2026 |
50.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Muíños para o proxecto de melloras varias no edificio e instalacións da Residencia Virxe da Chamadoira de Muíños, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade ao Concello de Muíños, para o proxecto de mellora da seguridade, habitabilidade, confort, calidade asistencial na Residencia Virxe da Chamadoira, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
26.6.2026 |
50.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación San Rosendo para a posta en marcha da residencia de persoas maiores da Coruña e a actualización da Residencia Os Gozos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública da Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación San Rosendo, para as actuacións necesarias para a posta en marcha da residencia de persoas maiores da Coruña e para a actualización da residencia Os Gozos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
26.6.2026 |
1.002.320,91 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Benéfico-Asistencial Valdegodos para a reforma das plantas terceira e cuarta da Residencia Virgen de los Milagros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación Benéfico-Asistencial Valdegodos, para a reforma parcial das plantas terceira e cuarta da Residencia Virgen de los Milagros, situada en Vilamartín de Valdeorras, Ourense. |
26.6.2026 |
500.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Riotorto no financiamento da construción da 2ª fase da residencia para persoas maiores no exercicio 2026 |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade ao Concello de Riotorto, para continuar coa 2ª fase das obras construción dunha residencia para persoas maiores situada na rúa da Veiga, Riotorto. |
30.6.2026 |
275.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello do Valadouro para a realización do Proxecto Envellecemento activo no rural para o exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública, do Proxecto Envellecemento activo no rural que o Concello do Valadouro prevé desenvolver durante o ano 2026 na procura dun envellecemento activo e participativo. |
13.7.2026 |
60.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do Programa universitario de maiores, IV ciclo, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión dunha subvención pública de carácter directo por parte da Consellería de Política Social e Igualdade á Universidade de Santiago de Compostela, para favorecer e permitir o desenvolvemento das actuacións previstas pola devandita universidade dentro do Programa universitario de maiores, IV ciclo. |
13.7.2026 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela) para o desenvolvemento do Proxecto VivELAdigna, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Agaela, para a posta en marcha do Proxecto VivELAdigna da entidade para o exercicio 2026 prestando unha atención sociosanitaria que garanta unha resposta continuada, especializada e centrada nas persoas maiores de 65 anos afectadas por ELA en Galicia. |
13.7.2026 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Organismo Autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme Sarria para o mantemento da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme durante o exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, dos gastos de persoal vinculados ao funcionamento ordinario da Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2026. |
28.7.2026 |
145.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña para o financiamento de estudos da Universidade Sénior no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública por parte da Consellería de Política Social e Igualdade á Universidade da Coruña, para a oferta de estudos da Universidade Sénior. |
17.8.2026 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (Amipa) para a creación dun centro de día para persoas con discapacidade, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación de Nais e Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (Amipa), destinado aos gastos derivados da execución da reforma dun espazo físico para a creación dun centro de día destinado a persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
23.6.2026 |
120.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Apnais-Asociación de Padres o Representantes Legales de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo para un proxecto de transformación dixital na contorna residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pola Consellería de Política Social e Igualdade a Aspnais, destinado ao proxecto de transformación dixital na contorna residencial no ano 2026, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
25.6.2026 |
50.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Autismo Galicia para a adquisición de equipamento de alta tecnoloxía para a Federación e as súas entidades membro, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Federación Autismo Galicia, para a adquisición e modernización de equipamento tecnolóxico axeitado aos diferentes ámbitos de intervención e así mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista atendidas pola Federación e polas entidades membro, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
25.6.2026 |
300.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Valga para o financiamento do acondicionamento do Centro Ocupacional Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, destinado aos gastos derivados do acondicionamento do Centro Ocupacional Municipal de Atención a Persoas con Discapacidade, que prevé realizar o Concello de Valga. |
26.6.2026 |
63.413,20 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Prodeme para a construción de vivendas residenciais para persoas con discapacidade e centro ocupacional-nave industrial para diversos procesamentos da madeira, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Prodeme, dunha subvención destinada aos gastos derivados da construción dunha edificación para vivendas residenciais para persoas con discapacidade. Adicionalmente prevese a execución dun centro ocupacional- nave industrial, onde persoas con discapacidade intelectual reciben atención e terapia ocupacional e de emprego, na que se realizarán diversos procesos de tratamento da madeira. |
26.6.2026 |
2.000.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Amicos para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise-dano cerebral e as súas familias, para a adquisición de equipamento para a ampliación da capacidade dixital e tecnolóxica das persoas con discapacidade, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Amicos, destinado aos gastos derivados da adquisición de equipamento para a ampliación da capacidade dixital e tecnolóxica das persoas con discapacidade. |
25.6.2026 |
599.879,60 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación San Rosendo para a adquisición de equipamento tecnolóxico nos centros de discapacidade da entidade, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación San Rosendo, destinado á adquisición de equipamento tecnolóxico nos centros de atención á persoas con discapacidade da entidade. |
26.6.2026 |
1.050.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Down Galicia para o financiamento de programas destinados ás persoas coa síndrome de down e discapacidade intelectual e ás súas familias e do mantemento da federación para o exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, do mantemento da Federación Down Galicia e dos programas que a entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2026 destinados ás persoas coa síndrome de down e discapacidade intelectual e ás súas familias. |
17.7.2026 |
1.207.608,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, dos gastos correntes de funcionamento dun dispositivo de atención e acollida a mulleres vítimas de explotación sexual e trata. |
21.5.2026 |
40.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Aliad Ultreia para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á entidade Aliad Ultreia, dos gastos correntes de funcionamento dun dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de explotación sexual e trata. |
4.6.2026 |
65.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Cáritas Diocesana de Ourense, dos gastos correntes de funcionamento dun dispositivo de atención e acollida a mulleres vítimas de explotación sexual e trata. |
12.6.2026 |
80.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e fillas menores de idade e, complementariamente, a outras persoas da súa contorna familiar que vivan ou padezan estas situacións de violencia de xénero, a homes con problemas de control da violencia no ámbito familiar e para o mantemento dunha quenda de garda psicolóxica, especializada e permanente, na Comunidade Autónoma de Galicia. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a realización dos seguintes programas: a) Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e fillas menores de idade e, complementariamente, a outras persoas da súa contorna familiar que vivan ou padezan estas situacións de violencia de xénero. b) Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar, denominado Abramos o círculo. c) Quenda de garda psicolóxica, especializada e permanente, para as mulleres e os seus fillos e fillas menores de idade, vítimas de xénero e/ou de violencia sexual. |
23.7.2026 |
460.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad para o mantemento dunha casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad, para o mantemento dunha casa de acollida para mulleres que sofren violencia de xénero, así como as súas fillas e fillos menores en Chantada, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no exercicio 2026. |
22.6.2026 |
210.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación para Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais-Alar Galicia para o desenvolvemento do Programa Fénix de medidas de prevención e intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación para Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais-Alar Galicia, para o mantemento e desenvolvemento do Programa Fénix, unha actuación integral con menores de idade que teñen imposta unha medida xudicial por cometeren un delito de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
13.5.2026 |
75.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Secretariado Gitano para o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, para o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, co fin de contribuír a mellorar a atención ás mulleres xitanas que sofren violencia de xénero e a sensibilizar e promover relacións igualitarias entre homes e mulleres da comunidade xitana. |
19.6.2026 |
25.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia para a formación dos profesionais dos medios de comunicación sobre perspectiva de xénero e prevención da violencia contra as mulleres, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, para a realización de accións de sensibilización social fronte á violencia de xénero e para a formación de profesionais en materia de igualdade e prevención e tratamento desta violencia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero para o ano 2026. |
13.5.2026 |
15.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar) para o mantemento do servizo Dedaleira, especializado en información e asesoramento contra a violencia de xénero para ás mulleres e nenas con discapacidade e a súa contorna, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), para o mantemento do servizo Dedaleira, servizo especializado en información e asesoramento afectivo-sexual para a loita contra a violencia de xénero, destinado ás mulleres con discapacidade, as súas parellas, familiares e persoas da súa contorna social ou institucional, no que se inclúe asesoramento individualizado, intervención social e psicolóxica, accións de formación grupal, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero no exercicio 2026. |
13.5.2026 |
79.500,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Meniños para o desenvolvemento dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación Meniños, para o desenvolvemento dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia e con outras persoas da contorna familiar. |
13.5.2026 |
247.700,00 € |
|
Convenio entre o Ministerio de Igualdade (Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero) e a Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación do servizo telefónico de información, atención e asesoramento xurídico en materia de violencia contra as mulleres. |
A colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a protección do servizo telefónico de información, asesoramento xurídico e atención en materia de violencia contra as mulleres, como garantía do dereito á información. |
1.6.2026 |
Sen custo |
|
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales (entidade xurídica titular da Escola Universitaria de Traballo Social) e a Consellería de Política Social e Igualdade para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado de titulacións de grao e máster universitario oficial impartidas pola Escola Universitaria de Traballo Social. |
A colaboración para a realización de prácticas académicas externas non remuneradas do estudantado nas instalacións do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero, adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, así como para achegar as súas persoas expertas para aquela parte da docencia teórico-práctica especializada que fose precisa. |
3.6.2026 |
Sen custo |
|
Convenio entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Autónomos del Taxi de Galicia (Fegataxi) para a realización de traslados en casos de violencia de xénero. |
Establecer a colaboración para o traslado das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas a calquera dos centros que conforman a Rede galega de acollemento, ao Centro de Recuperación Integral (CRI), así como a outros lugares onde se desenvolven actuacións necesarias para a súa defensa, atención, tratamento, recuperación e restablecemento. |
10.6.2026 |
40.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Proxecto Malaikas para a prevención da violencia de xénero das mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade e do Proxecto Berrando ao mundo, de intervención con adolescentes en risco de exclusión social para o fomento da igualdade de xénero, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Fundación Juan Soñador, do Proxecto Malaikas para a prevención da violencia de xénero das mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade e do Proxecto Berrando ao mundo, de intervención con adolescentes en risco de exclusión social para o fomento da igualdade de xénero. |
19.6.2026 |
55.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para o desenvolvemento de accións de prevención e detección da violencia de xénero, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no exercicio 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, para o desenvolvemento de accións de prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, no exercicio 2026. |
19.6.2026 |
20.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Gallega de Familias de Acollida (Acougo) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) para o fomento dos servizos de coidado que promovan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como de plans de formación e sensibilización sobre corresponsabilidade co obxectivo de adoptar patróns de relación máis igualitarios dentro da unidade familiar en execución do Plan Corresponsables 2026. |
6.8.2026 |
134.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Femuro para actuacións de fomento de emprego de calidade no sector profesional dos coidados en execución do Plan Corresponsables 2026. |
19.6.2026 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo (Afammer Lugo) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Afammer Lugo, para actuacións de fomento de emprego de calidade no sector profesional dos coidados en execución do Plan Corresponsables 2026. |
19.6.2026 |
85.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur Galicia) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Fademur Galicia para actuacións de fomento de emprego de calidade no sector profesional dos coidados en execución do Plan Corresponsables 2026. |
22.6.2026 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Pola Igualdad das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Femupo, para actuacións de fomento de emprego de calidade no sector profesional dos coidados en execución do Plan Corresponsables 2026. |
22.6.2026 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Club Praia de Pantín para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade a Asociación Club Praia de Pantín, para actuacións dirixidas a favorecer a conciliación familiar e os coidados en execución do Plan Corresponsables 2026. |
15.6.2026 |
80.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Universidade da Coruña, para o desenvolvemento de accións de sensibilización, formación, investigación e conciliación, en materia de corresponsabilidade, igualdade nos coidados e masculinidades igualitarias dirixidas á comunidade educativa universitaria en execución do Plan Corresponsables 2026. |
12.6.2026 |
20.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actuacións en execución do Plan Corresponsables 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade, para o desenvolvemento de accións de sensibilización, formación e investigación, en materia de corresponsabilidade, igualdade nos coidados e masculinidades igualitarias dirixidas á comunidade educativa universitaria, pola Universidade de Vigo en execución do Plan Corresponsables 2026. |
12.6.2026 |
20.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) para o impulso da presenza das mulleres en sectores masculinizados da industria musical de Galicia a través do programa de bolsas O Noso Canto, no ano 2026. |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), para o desenvolvemento, execución e avaliación dun programa de bolsas O Noso Canto, destinadas a impulsar e promover a incorporación, capacitación e profesionalización das mulleres en sectores masculinizados da industria musical galega. |
3.8.2026 |
16.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación ALAS A Coruña, asociación LGTBI+, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación ALAS A Coruña, asociación LGTBI+, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
26.6.2026 |
16.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Arelas, asociación de familias de infancia e mocidade trans de Galicia, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Arelas, asociación de familias de infancia e mocidade trans de Galicia, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
19.6.2026 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
19.6.2026 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Mujeres para la Igualdad y la Visibilidad Lésbica LES Coruña para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación de Mujeres para la Igualdad y la Visibilidad Lésbica LES Coruña, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
28.7.2026 |
9.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Profesional de Mujeres Lesbianas LesWorking para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Profesional de Mujeres Lesbianas LesWorking, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
6.8.2026 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Nós Mesmas: pola Loita dos Dereitos das Mulleres Lesbianas, Bisexuais e Persoas Trans e Non Binarias, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Nós Mesmas: pola Loita dos Dereitos das Mulleres Lesbianas, Bisexuais e Persoas Trans e Non Binarias, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
12.6.2026 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais). |
Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública pola Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI. |
19.6.2026 |
10.000,00 € |
