DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50451

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se adxudican as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2025/26, convocadas pola Orde do 31 de marzo de 2026.

Mediante a Orde do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2025/26 (DOG núm. 70, do 16 de abril), aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 11 desta convocatoria, as solicitudes foron examinadas polo órgano instrutor sinalado na antedita orde e publicáronse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (https://www.edu.xunta.gal), e as persoas interesadas poderán formular, no prazo de dez (10) días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Formación Profesional.

Finalizado este prazo e de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo ao informe proposta elevado polo antedito órgano instrutor á persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia, que se relaciona no anexo I desta resolución e pola contía que se especifica. Así mesmo, inclúese a listaxe de solicitudes excluídas por non reuniren os requisitos establecidos na orde de convocatoria.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Segundo. O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde do 31 de marzo de 2026 (DOG núm. 70, do 16 de abril) constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

a) Listaxe das persoas beneficiarias das axudas.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Centro de procedencia

País

Meses

Días

Importe

1

Allende

Iglesias

Leide

***0343**

CMUS Superior da Coruña

Dinamarca

3

20

1.380,00 €

2

Alonso

Casás

Antía

***9058**

EASD Antonio Faílde

Portugal

4

19

1.125,00 €

3

Arribas

Blanco

Mirta

***6164**

CMUS Superior de Vigo

Lituania

4

30

1.225,00 €

4

Boullosa

Currás

Uxía

***4517**

EASD Ramón Falcón

Chipre

4

2

960,00 €

5

Castro

Deverell

Xián

***5955**

EASD Mestre Mateo

Alemaña

4

5

1.380,00 €

6

Esmorís

Canosa

Juan

***1384**

EASD Pablo Picasso

Grecia

4

10

960,00 €

7

Fernández

Rodríguez

Saray

***8872**

CMUS Superior de Vigo

Italia

8

17

2.355,00 €

8

Giménez

Maneiro

Emma

***7157**

CMUS Superior da Coruña

Alemaña

9

14

2.055,00 €

9

González

Vázquez

Paula

***9494**

CMUS Superior da Coruña

Países Baixos

9

29

2.355,00 €

10

Lareo

Barcia

Pablo

***3298**

CMUS Superior de Vigo

Eslovaquia

8

8

1.920,00 €

11

Larina

Metleva

Elizaveta

***3318**

EASD Ramón Falcón

Chipre

4

2

960,00 €

12

Lestón

Rodríguez

Miguel

***1215**

EASD Pablo Picasso

Bélxica

4

22

1.275,00 €

13

Lois

Aparicio

Montserrat Aixuan

***9299**

EASD Pablo Picasso

Italia

3

20

1.380,00 €

14

Lucio

Ríos

Vanessa

***8492**

EASD Antonio Faílde

Portugal

2

11

870,00 €

15

Morás

López

Brais

***5443**

EASD Pablo Picasso

Italia

7

3

1.665,00 €

16

Muñoz

Piñeiro

Noelia

***8992**

EASD Pablo Picasso

Portugal

4

22

1.425,00 €

17

Ouijdani

Vázquez

Jamila Andrea

***2978**

EASD Pablo Picasso

Italia

4

30

1.275,00 €

18

Pampín

Sanabria

Laura

***4448**

ESAD

Chequia

4

15

1.425,00 €

19

Pereira

González

Iria

***6306**

EASD Antonio Faílde

Polonia

3

27

1.100,00 €

21

Rodríguez

Calzado

Maite

***3503**

EASD Antonio Faílde

Turquía

4

29

1.225,00 €

20

Rodríguez

Iglesias

Lucía

***2770**

EASD Pablo Picasso

Italia

3

26

1.080,00 €

22

Rodríguez

Vázquez

Diego

***5865**

CMUS Superior de Vigo

Italia

8

17

2.355,00 €

23

Suárez

Fidalgo

Jennifer

***3745**

EASD Pablo Picasso

Italia

4

27

1.275,00 €

24

Toledo

López

Mariángel

***7595**

EASD Antonio Faílde

Italia

4

5

1.080,00 €

25

Torrente

Miguéns

Estela

***9340**

ESAD

Portugal

10

4

2.085,00 €

26

Villanueva

Prado

Sofía

***0108**

EASD Pablo Picasso

Italia

4

25

1.275,00 €

27

Viso

Murciego

Miguel

***4804**

EASD Antonio Faílde

Italia

4

17

1.275,00 €

28

Zimmermann

Katharina Yvonne

***0582**

EASD Ramón Falcón

Chipre

4

2

1.260,00 €

Total

40.000,00 €

b) Listaxe de solicitudes denegadas.

Con base no establecido na Orde do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2025/26, quedan excluídas as seguintes solicitudes por non axustarse ás bases da convocatoria:

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Centro de procedencia

1

Alonso

González

Rosalía

***1688**

ESAD

2

Álvarez

Reyes

Mariana

***7586**

IES Ramón Menéndez Pidal

3

Cidrás

Pérez

Fabián

***9010**

EASD Antonio Faílde

4

Devesa

Tapia

Carmen

***6259**

ESCRBCG

5

Fernández

Díaz

Ana Isabel

***3566**

EASD Pablo Picasso

6

López

Mera

Alejandro

***6077**

EASD Antonio Faílde

7

Madera

Ángela

***9469**

ESAD

8

Mendy

Albert

***3876**

EASD Antonio Faílde

9

Pampín

López

Inés

***1403**

ESCRBCG

10

Rodríguez

Fariño

Ainhoa

***8174**

EASD Antonio Faílde