DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 28 de setembro de 2026 Páx. 50581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento de concesións de augas (expediente E-1063-P e dous máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo vencemento do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-1063-P e dous máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-1063-P

Banco Popular de los Previsores del Porvenir

1.000 l/s

Río

Industrial

C: Lalín

DH.A15.13304

Comunidade de Usuarios de Castromaior

62.756 m3

Manancial

Gandeiro

L: Castromaior

P: Vizoño (San Pedro)

C: Abegondo

DH.A36.16697

Basilio Carral López

8.714 m3

Pozo

Gandeiro

L: Barreiros

P: Negrelos (San Cibrao)

C: Rodeiro