En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo vencemento do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.9253 e sete máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A15.9253 |
Concello de Culleredo |
315.360 m3 |
Tres pozos |
Doméstico |
L: Monte Xalo P: Celas (Santa María) C: Culleredo |
|
DH.A15.12307 |
Concello de Toques |
40.997 m3 |
Manancial |
Doméstico |
L: Carballo P: Santa Mariña de Brañas (Santa Mariña) C: Toques |
|
DH.A15.17050 |
Concello de Zas |
157.680 m3 |
Río |
Doméstico |
L: O Sisto P: Gándara (Santa María) C: Zas |
|
DH.A15.16970 |
Mª Eugenia Díaz Rodríguez |
20 l/s |
Río |
Doméstico |
L: Ponte Espiñeiro P: Santa María de Lurdes (Santa María) C: Curtis |
|
DH.A36.12339 |
Marcial Cajide Penas |
43.835 m3 |
Seis |
Doméstico, rega e gandeiro |
L: Penas do Rodo e Pena do Muíño P: Carmoega (San Pedro) C: Agolada |
|
DH.A36.6964 |
Manuel Montoto Fernández, Beatriz Montoto Espiño |
5.031 m3 |
Pozo |
Doméstico, rega e gandeiro |
L: Fafiás P: Toiriz (San Xoán) C: Vila de Cruces |
|
DH.A36.15926 |
Algas Atlánticas Algamar, S.L. |
365 m3 |
Pozo |
Abastecemento |
L: A Igrexa P: Amoedo (San Sadurniño) C: Pazos de Borbén |
|
DH.A36.47687 |
Ingeniería y Montajes Rías Bajas, S.L. |
412,5 m3 |
Pozo |
Abastecemento |
L: Portela de Laxe P: Viascón (Santiago) C: Cerdedo Cotobade |
