De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao descoñecerse o enderezo ou, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa indicada no anexo o trámite de audiencia do expediente de extinción de concesión de augas DH.A36.13874.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para coñecer integramente o acto que se notifica e para que conste tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
A persoa interesada disporá do prazo dun mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do trámite de audiencia |
|
DH.A36.13874 |
Obdulia Serantes Fontán |
6.7.2026 |
