DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50617

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2026 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no segundo cuadrimestre do ano 2026, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

Dolores Vilavedra Fernández
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data da sinatura

Protocolo de cooperación entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade do Minho

Sen achega económica

12.6.2026

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a Deputación da Coruña e a Deputación de Lugo en materia de promoción da cultura galega no ámbito municipal

Sen achega económica

10.7.2026

Convenio de colaboración para desenvolver proxectos de aprendizaxe e servizo entre a Universidade da Coruña e o Consello da Cultura Galega

Sen achega económica

17.7.2026

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Concello de Entrimo

Sen achega económica

24.7.2026

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional e o Consello da Cultura Galega para o desenvolvemento dun proxecto dixital interactivo de carácter educativo e cultural para o coñecemento da paisaxe, da xeografía, da literatura e do patrimonio de Galicia

Sen achega económica

29.7.2026