DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50618

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 17 de setembro de 2026 pola que se convocan os premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero e/ou feminista nos traballos de fin de estudos de grao, de máster universitario e de teses de doutoramento desta universidade.

BDNS (Identif.): 930399.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/930399

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumando que superou o traballo fin de grao ou máster universitario durante o curso 2025/26 na Universidade de Vigo cunha cualificación mínima de 9 puntos. Alumnado que defendeu a tese entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026 coa cualificación de sobresaínte cum laude.

Segundo. Obxecto

O recoñecemento e a difusión dos mellores traballos de fin de estudos de grao (TFG), traballos de fin de máster universitario (TFM) e teses de doutoramento (TD) que inclúan a perspectiva de xénero e/ou feminista, realizados polo estudantado da Universidade de Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de setembro de 2026 pola que se convocan os premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero e/ou feminista nos traballos de fin de estudos de grao, de máster universitario e de teses de doutoramento da Universidade de Vigo.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de seis mil trescentos euros (6.300 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 18 de setembro ata o 8 de outubro de 2026.

Vigo, 17 de setembro de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo