O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026
Enrique Luis de Salvador Sánchez
Director do Instituto de Estudos do Territorio
ANEXO
|
Convenio |
Obxecto do convenio |
Achega económica do IET |
Data da sinatura |
|
Acordo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Consellería do Medio Rural para a colaboración na realización de traballos relacionados coas redes secundarias de faixas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais. |
Colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través do IET, e a Consellería do Medio Rural para o apoio ás actuacións de delimitación das redes de faixas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais e especificamente para o apoio ás actuacións tendentes a dotar os concellos cos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais regulados no artigo 16 da Lei 3/2007, do 9 de abril. |
Sen achega económica |
31.7.2026 |
