Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 10 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo do corpo de auxilio xudicial, así como o artigo 49 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva de valoración de méritos, así como proposta definitiva de adxudicación do posto ofertado no concurso, e que se acreditou a observancia do procedemento debido e se valoraron os méritos das persoas candidatas, en uso das competencias que me atribúe a normativa vixente
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.
Segundo. Resolver o concurso específico adxudicándolle o posto convocado á persoa funcionaria que se relaciona no anexo.
Terceiro. Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.
Cuarto. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, ou no primeiro deles no caso de que a publicación non sexa simultánea en ambos.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do tribunal de instancia competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Código do posto |
Denominación |
Centro de destino |
Adxudicataria |
|
XG92582050270288001.09 |
Auxilio-Xefatura de equipo actos de comunicación |
SCX de Lugo |
Lobeiras Sánchez, María Celia |
