En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Gerardo Balado Riveiro.
DNI: ***2614***.
Expediente: DH.A15.108012.
Volume total anual: 1.788,47 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,12 l/s.
Destino: gandeiro e rega.
Orixe: (1) x= 539185, y= 4736328 (fuso29 ETRS89).
(2) x= 539245, y= 4736397.
(3) x= 539228, y= 4736436.
Lugar: O Outeiro.
Parroquia: Oza (Santa Baia).
Concello: Teo.
Descrición do aproveitamento:
Solicitude de novación da concesión de clave DH.A15.23965 e modificación consistente na renuncia ao uso doméstico e adecuación do caudal ao Plan hidrolóxico Galicia-Costa. O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes dunha mina, na parcela 15083A156001650000TU, un pozo de barrena, na parcela 15083C507003500000YK, e un pozo artesán na parcela 15083A156001830000T, con destino ao uso gandeiro na parcela 15083C507003500000YK e á rega das parcelas 001002000NH33F0001QR, 15083C507003500000YK e 15083M502004140000GU.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
