De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.09836 e oito máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do trámite de audiencia |
|
DH.A15.09836 |
Jesús López de Rego Stolle e outros |
4.9.2026 |
|
1022-M |
Jesús Aenlle Gruñeiro, Benita Ledo Saavedra, Josefa Rodríguez Recalde, Manuel Ledo Rodríguez, Benjamín Iglesias Alonso, José Andía Bargo, José Ramón Andía Bargo, Carmen Andía Bargo, Filomena Andía Bargo, Elena Andía Bargo |
4.9.2026 |
|
1741-M |
Jesús Aenlle Gruñeiro, Benita Ledo Saavedra, Josefa Rodríguez Recalde, Manuel Ledo Rodríguez, Benjamín Iglesias Alonso, José Andía Bargo, José Ramón Andía Bargo, Carmen Andía Bargo, Filomena Andía Bargo, Elena Andía Bargo |
4.9.2026 |
|
132-M |
Gervasio López Veiga Baltasar Expósito Díaz Concepción Álvarez Vidueiras Gertrudis García Díaz Jaime Acevo Chao Jesús Díaz Recalde José Seivane Folgueirosa José Antonio Folgueira Pérez |
4.9.2026 |
|
E-1498-C |
Gumersindo Queijas Fuentes e Pedro Castro Remuiñán |
4.9.2026 |
|
DH.A27.2350 |
Ricardo Fernández Barreira, Orlando Otero Iglesias e Avelina Villalba Vega |
4.9.2026 |
|
DH.A27.2093 |
Ramón González Picado |
4.9.2026 |
|
E-1072-C |
Manuel Antelo Marcote |
4.9.2026 |
|
E-1000A-C |
José García Gil |
4.9.2026 |
