DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.9080 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A15.9080 e dez máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de un (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

DH.A15.9080

Comunidade de Usuarios de Fonte de Campeliño

9.9.2026

DH.A15.1258

Jesús Alfonsín Suárez

9.9.2026

DH.A15.09461

José Santiago Fernández Conde e
Francisco Canabal Barco

9.9.2026

DH.A36.6432

Jesús Rodríguez Prieto

9.9.2026

DH.A36.07595

Manuela Acuña Seoane

9.9.2026

DH.A36.10809

Margarita Freitas Pérez

9.9.2026

DH.A15.17400

José Manuel Pereira Leis

9.9.2026

DH.A36.7646

Comunidade de Usuarios A Sobreira

9.9.2026

DH.A36.6142

Comunidade de Usuarios Radenal

9.9.2026

DH.A36.6986

Manuel Fernández Ferreiro

9.9.2026

DH.A15.14516

Dolores Souto García

9.9.2026