DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 51002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 18 de setembro de 2026, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a resolución do procedemento sancionador do 21 de agosto de 2026 (expediente LU-S-19/2026).

Intentada a notificación á persoa interesada que se relaciona no anexo da resolución do procedemento sancionador no expediente LU-S-19/2026, non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración.

Dado que estes actos non se publican na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os textos íntegros dos actos que se notifican están á disposición da persoa interesada, co resto do expediente, nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo (rolda da Muralla, 70, Lugo), no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado. De non comparecer no dito prazo, a notificación entenderase producida o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Lugo, 18 de setembro de 2026

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente:

LU-S-19/2026

Denunciado:

33348253R

Establecemento:

Bar Época

Enderezo:

Praza da Paz

Localidade:

Chantada

Preceptos infrinxidos:

Artigo 35.g) da Lei 7/2011, do 27 de outubro,
do turismo de Galicia

Tipificación da infracción:

Artigo 109.2.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia

Cualificación:

Leve

Iniciación:

13 de maio de 2026

Sanción:

Apercibimento