DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 50991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0023/2026-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0023/2026-PPM e seis máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 21 de setembro de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

PSC-PO-0023/2026-PPM

35461490K

Resolución

PSC-PO-0091/2026-PPM

52490349W

Resolución

PSC-PO-0191/2026-PPM

77417635A

Resolución

PSC-PO-0256/2026-PRE

54229555V

Resolución

PSC-PO-0273/2026-PPM

35304751G

Resolución

PSC-PO-0274/2026-PPM

36117214S

Resolución

PSC-PO-0310/2026-PPM

73241366M

Resolución