DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 50990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo da modificación total dos estatutos sociais da entidade San Rian, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que este departamento territorial, o 18 de setembro de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación total dos estatutos sociais relativo ao domicilio social e ao capital social mínimo da entidade San Rian, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral que tivo lugar o 30 de xullo de 2026. O seu novo domicilio social é Mourentáns, número 58, concello de Brión, provincia da Coruña. O novo capital social mínimo é 3.000,00 €.

A Coruña, 18 de setembro de 2026

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña