Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración á persoa que figura como expropiada no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT e RBT Ferreiros, no concello de Boiro (expediente IN407A 2024/175-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 22 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/175-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS, CT e RBT Ferreiros.
Concello: Boiro.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data da ocupación |
|
1 |
Porto Boiro |
15011A034005130000XW |
Manuel Ángel Romero Carreño |
6.10.2026 |
