DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 50987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Cualedro (expediente IN407A 2024/87-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 126-5 e 126-13, na casa do concello de Cualedro, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 21 de setembro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/87-3.

Instalación: Regulamentación da LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 126-5 e 126-13.

Concello: Cualedro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 9 de novembro de 2026.

Lugar: casa do concello de Cualedro.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

1

Auga Tallada

32029A03001640000HE

Herdeiros de Antonio Rodríguez Atanes

12.30

4

As Vesadas

32029A225001880000SF

Herdeiros de Benjamín Paz Loureiro

12.40

5

O Penedo

32029A225001430000SH

Silverio González Atanes

12.45

6

A Costa

32029A240006740000SQ

Caridad Barreira Atanes

12.50