Na sesión que tivo lugar o 10 de setembro de 2026, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios,
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección publicados, que superaron o primeiro exercicio catro persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos.
Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade coa base II.1.1.3 da convocatoria respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, e deberá tramitarse a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal), no punto Expediente-e: Idiomas-Galego. Esta acreditación realizarase de conformidade co que establece a Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, o uso e o acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).
Quinto. De conformidade co disposto na orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026
María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal
