En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométense de xeito conxunto a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a continuación, así como o estudo de impacto ambiental compartido por todas elas:
1º. Parque eólico Nesa Monte Arca Norte (expediente IN408A 2019/103-NT).
Solicitante: Nesa Vento Galego 2, S.L.
Domiciliio social: rúa Méndez Álvaro, 44, 28045 Madrid.
Concellos afectados: A Estrada e Cuntis (Pontevedra).
Potencia que se vai instalar: 20 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.
Produción neta anual estimada: 72.738 MWh/ano.
Orzamento total (execución material): 19.312.055,06 €.
Prazo de execución: doce (12) meses.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Vértice |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
539.603,00 |
4.723.279,00 |
|
2 |
540.518,00 |
4.723.279,00 |
|
3 |
541.974,00 |
4.722.103,00 |
|
4 |
541.974,00 |
4.720.108,00 |
|
5 |
539.603,00 |
4.720.108,00 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
|
Aeroxerador |
Altura buxeiro (m) |
X UTM |
Y UTM |
Modelo |
Concello |
|
A01N |
118,6 |
540.489,60 |
4.722.337,21 |
N 175 |
A Estrada |
|
A02N |
118,6 |
540.826,48 |
4.722.056,87 |
N 175 |
A Estrada |
|
A03N |
118,6 |
539.913,00 |
4.722.909,00 |
N 175 |
Cuntis |
Coordenadas da torre de medición permanente autosoportada:
|
Torre medición |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Concello |
|
TP-N |
540.876,89 |
4.722.432,62 |
A Estrada |
Características técnicas das instalacións:
– Tres (3) aeroxeradores de 6,66 MW de potencia nominal unitaria, modelo N 175 do fabricante Nordex, de 175 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 118,6 m.
– Tres (3) centros de transformación de tensión 0,69/20 kV, situado no interior dos aeroxeradores, coas súas celas de media tensión correspondentes.
– Rede de media tensión de 30 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cable 18/30 kV Al RH5Z1-OL e seccións segundo o tramo de 150, 400 e 630 mm², que conecta a saída dos centros de transformación dos aeroxeradores, e conduce a enerxía xerada por estes ata a subestación transformadora (SET) Monte Redondo 132/30 kV (forma parte do expediente do PE Monte Arca Sur). Pola mesma gabia discorrerá cable de terra e condutor de fibra óptica para comunicacións.
– Unha (1) torre de medición permanente autosoportada de 118,60 metros de altura, formada por perfís angulares de aceiro galvanizado en quente.
– Obra civil consistente en camiños de acceso ás instalacións, cimentacións, plataformas de montaxe e gabias de cables.
2º. Parque eólico Nesa Monte Arca Sur e as súas infraestruturas de evacuación (expediente IN408A 2019/104-NT):
Solicitante: Nesa Vento Galego 3, S.L.
Domicilio social: rúa Méndez Álvaro, 44, 28045 Madrid.
Concellos afectados: A Estrada, Cuntis e O Campo Lameiro (Pontevedra).
Potencia que se vai instalar: 20 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.
Produción neta anual estimada: 71.120 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material) do parque eólico: 19.429.726,86 €.
Orzamento total (execución material) da liña aérea de alta tensión (LAAT): 1.046.751,99 €.
Orzamento total (execución material) da subestación (SET) Monte Redondo 132/30 kW: 3.061.633,47 €.
Prazo de execución: doce (12) meses para o parque, dez (10) meses para a LAT e dez (10) meses para a SET.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Vértice |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
542.080,00 |
4.720.910,00 |
|
2 |
542.080,00 |
4.719.870,00 |
|
3 |
542.085,95 |
4.719.287,89 |
|
4 |
539.014,11 |
4.719.288,16 |
|
5 |
539.104,66 |
4.723.277,21 |
|
6 |
540.518,00 |
4.723.279,00 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
|
Aeroxerador |
Altura buxeiro (m) |
X UTM |
Y UTM |
Modelo |
Concello |
|
A01S |
118,6 |
540.136,73 |
4.720.089,31 |
N 175 |
Cuntis |
|
A02S |
118,6 |
540.002,00 |
4.720.457,00 |
N 175 |
Cuntis |
|
A03S |
118,6 |
540.210,06 |
4.719.693,22 |
N 175 |
Cuntis |
Coordenadas da torre de medición permanente autosoportada:
|
Torre medición |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Concello |
|
TP-S |
539.753,10 |
4.719.574,22 |
Cuntis |
Coordenadas da SET Monte Redondo 132/30 kV:
|
Vértice |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Concello |
|
1 |
541.059,39 |
4.720.446,83 |
A Estrada |
|
2 |
541.089,68 |
4.720.420,63 |
|
|
3 |
541.063,34 |
4.720.390,19 |
|
|
4 |
541.033,06 |
4.720.416,39 |
|
|
C.G |
541.061,36 |
4.720.418,51 |
Coordenadas da liña de evacuación LAAT 132 kV SET Monte Redondo-SET Touriñán III-2:
|
X UTM |
Y UTM |
Concello |
|
|
Orixe: pórtico subestación Monte Redondo |
541.062,41 |
4.720.403,84 |
A Estrada |
|
Final: pórtico subestación Touriñán III-2 |
540.615,15 |
4.713.253,56 |
O Campo Lameiro |
Características técnicas das instalacións do parque eólico:
– Tres (3) aeroxeradores de 6,66 MW de potencia nominal unitaria, modelo N 175 do fabricante Nordex, de 175 m de diámetro de rotor e altura de buxeiro de 118,6 m.
– Tres (3) centros de transformación de tensión 0,69/20 kV, situado no interior dos aeroxeradores, coas súas celas de media tensión correspondentes.
– Rede de media tensión de 30 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cable 18/30 kV Al RH5Z1-OL e seccións segundo o tramo de 150, 400 y 630 mm², que conectan a saída dos centros de transformación dos aeroxeradores, e conduce a enerxía xerada por estes ata a SET Monte Redondo 132/30 kV. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra e condutor de fibra óptica para comunicacións.
– Unha (1) torre de medición permanente autosoportada de 118,60 metros de altura, formada por perfís angulares de aceiro galvanizado en quente.
– Obra civil consistente en camiños de acceso ás instalacións, cimentacións, plataformas de montaxe, e gabias de cables.
Características técnicas da SET Monte Redondo 132/30 kV:
– Unha (1) posición de liña-transformador 132/30 kV intemperie con interruptor, para elevación da tensión dos parques eólicos Nesa Monte Arca Norte e Nesa Monte Arca Sur, co seu correspondente conxunto de aparamenta de protección e medida en tecnoloxía AIS.
– Un (1) transformador de potencia 132/30 kV de 40 MVA ONAN/ONAF, instalación exterior, con regulación en carga. Complementado con pararraios autoválvulas de tensión nominal 145 kV.
– Sistema de 30 kV, conformado por: unha (1) posición de transformador, dúas (2) posicións de liña (unha para cada parque); dúas (2) posicións de liña de reserva, todas elas blindadas de interior con interruptor; unha (1) posición de alimentación a transformador de servizos auxiliares, unha (1) posición de medida de tensión en barras.
– Transformador de servizos auxiliares de 100 KVA, con relación de transformación 30±2,5×5 % kV/0,420-0,23 kV.
– Reactancia de posta a terra de 500 A-30 segundos.
– Edificio de control e comunicacións, constituído por unha sola planta, prefabricado en formigón, con cimentación tamén prefabricada, dimensións exteriores en planta 22,90×10 metros. No seu interior albergará a aparamenta de medida, mando, control, protección e comunicacións: posto de control, unidade de control de subestación, cadros de distribución de corrente alterna e continua, conxunto rectificador-baterías, armarios de contadores.
Características técnicas da liña aérea de alta tensión LAAT 132 kV SET Monte Redondo-SET Touriñán III-2:
– Liña de evacuación aérea de alta tensión de 132 kV, de lonxitude total 7,88 km, con orixe no pórtico da subestación Monte Redondo e final no pórtico de la subestación Touriñán III-2 (obxecto doutro expediente). Consta dun total de 27 apoios, con simple circuíto de condutor LA-180 (147,3 mm² de sección por condutor) e cable de garda tipo OPGW (cable combinado de protección e comunicacións) de 14,68 mm de diámetro, tendidos sobre apoios metálicos de celosía con cimentacións de formigón, compostos por perfís angulares de alas iguais, fuste formado por tramos troncopiramidais de sección cadrada e cabezas de tramos prismáticos rectos, cos seus correspondentes illadores, ferraxes e sistemas de posta a terra. Discorre polos concellos da Estrada (5.951 metros) e O Campo Lameiro (1.934 metros).
Órgano competente: o órgano competente para autorizar os proxectos referidos é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: os proxectos das referidas instalacións eléctricas están suxeitos a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio deste acordo, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:
Proxecto de execución:
– «Proxecto técnico-administrativo Parque Eólico Nesa Monte Arca Norte nos termos municipais da Estrada e Cuntis», asinado o 25.8.2026.
– «Proxecto técnico-administrativo Parque Eólico Nesa Monte Arca Sur nos termos municipais da Estrada e Cuntis», asinado o 25.8.2026.
– «Proxecto técnico-administrativo SET Monte Redondo 132/30 kV», asinado o 28.7.2026.
– «Proxecto técnico-administrativo LAAT 132 kV SET Monte Redondo-SET Touriñan III-2», asinado o 5.8.2026.
Documentación ambiental conxunta:
– «Estudio de impacto ambiental relativo a los parques eólicos Nesa Monte Arca Norte, Nesa Monte Arca Sur e as súas infraestruturas de evacuación asociadas. Municipios da Estrada, Campo Lameiro e Cuntis (Pontevedra). Setembro 2026», asinado o 8.9.2026.
Esta documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 52 12, 986 80 52 11 e 986 80 52 34), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na casa dos concellos da Estrada (praza Constitución, 1, 36680 A Estrada, Pontevedra), Cuntis (praza Constitución, 4, 36678 Cuntis, Pontevedra) e O Campo Lameiro (praza da Provincia de Pontevedra, 1, 36110 O Campo Lameiro, Pontevedra).
Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Pontevedra, 22 de setembro de 2026
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
