DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 50967

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2026 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 9 de maio de 2025.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 9 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC),

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberán acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda, ante o Xulgado do Social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.

Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Código

Posto adxudicado

Quenda

Campus

Observacións

1

***4564**

Meilán Pacio, Laura

PL000411

Técnico de investigación, área bioloxía-saúde

Centro de Biomedicina Experimental

Xornada partida

Santiago de Compostela

Capacitación ou formación para o exercicio das funcións a, b, c, segundo a Orde ECC/566/2015

2

***3781**

Gaciño Vicente, José Francisco

PL000406

Técnico de investigación, área bioloxía-saúde

Centro de Biomedicina Experimental

Mañá

Santiago de Compostela

Capacitación ou formación para o exercicio das funcións a, b, c, segundo a Orde ECC/566/2015