De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 10 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño e BOE do 3 de setembro) para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas na categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil, grupo III, pola quenda de acceso libre, una vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC),
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de escola infantil as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que se poderá asinar o contrato durante esta situación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda, ante o Xulgado do Social, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***9325** |
Daparte Míguez, Noelia |
|
2 |
***3665** |
Gude Pérez, María del Pilar |
|
3 |
***3319** |
Rey Rodríguez, Ana Belén |
