De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución do 19 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza vacante na categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, grupo I, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos esixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC),
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil inglés, a persoa que superou o proceso selectivo e que figura no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas de maternidade ou paternidade, nas que se poderá asinar o contrato durante as mesmas.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda ante o xulgado do social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
Rosa M. Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***3537** |
Carreira Vázquez, Carme Sabela |
