A Orde do 29 de decembro de 202, publicada no DOG núm. 4, do 29 de decembro de 2025, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e convoca estas axudas para o ano 2026, cun crédito total de 3.950.000,00 euros.
O artigo 2.2 da devandita Orde do 29 de decembro de 2025 establece que as solicitudes se presentarán en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e na convocatoria e se resolverán atendendo á súa prelación temporal ata o esgotamento do crédito, do cal se dará a correspondente publicidade. Para os efectos da determinación da prelación temporal de concesión das axudas e en aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, a data que hai que ter en conta será a data e a hora de presentación da solicitude. Non obstante, no caso de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e a hora en que a entidade solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida. Así mesmo, no caso de que se presente unha mellora ou achega voluntaria da solicitude a data que hai que ter en conta será a da mellora.
Revisadas as solicitudes segundo a prelación temporal establecida no artigo 2.2 da orde de convocatoria, a última solicitude que se puido conceder sobre a base do establecido nas bases reguladoras, e tendo en conta a data e hora en que se presentou correctamente toda a documentación na sede electrónica da Xunta de Galicia, foi a presentada o día 3 de febreiro de 2026, ás 12.54.51 horas.
Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, finalidade da subvención, beneficiario e cantidade concedida.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Facer público o esgotamento do crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 14.06.751A.770.1, e códigos de proxecto 2026 00056 e 2024 00033, para as axudas convocadas pola mencionada Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C).
Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.770.1, e códigos de proxecto 2026 00056 e 2024 00033, da mencionada Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C).
As persoas interesadas poden acceder e consultar as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida pola subvención outorgada na seguinte ligazón: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/879694/concesiones
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
P.D. (D.A. 2ª da Orde do 29.12.2026; DOG núm. 4, do 8 de xaneiro)
Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo
