O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade, polo Servizo Galego de Saúde e polas entidades públicas instrumentais adscritas no segundo cuadrimestre do ano 2026, e se completan as relacións correspondentes ao terceiro cuadrimestre do ano 2025 e primeiro cuadrimestre do ano 2026, nos termos que se recollen no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
|
Obxecto |
Data sinatura |
Importe total |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Consellería de Sanidade e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos para a implantación do programa de voluntariado para apoio nas campañas de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos |
3.10.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro para a realización de actividades de voluntariado na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés |
23.4.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Gripwise Tech, Lda., para a participación no Living Lab de saúde de Vigo da rede de Living Labs de saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do Proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Entrena y Salud Sociedade Coop. Galega para a participación en el Living Lab de saúde de Vigo da rede de Living Labs de saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do Proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Serenia Solutions, S.L. para a participación no Living Lab de Saúde de Vigo da rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE) no marco do Proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Qubiotech Health Intelligence, S.L., para a participación no Living Lab de Saúde de Vigo da rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Grupo Tecnolóxico Arbinova, S.L., para a participación no Living Lab de Saúde de Vigo da rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Dimensiona Consultoría Tecnolóxica, S.L., para a participación no Living Lab de Saúde de Vigo da rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Insati Innovation, S.L., para a participación no Living Lab de Saúde de Vigo da rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Ad Hoc Developments, S.L., para a participación no Living Lab de Saúde de Vigo da rede de Living Labs de Saúde de Galicia (LABSAÚDE), no marco do proxecto Innov4life do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 |
5.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio entre a Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a modificación do réxime de libramento das transferencias correntes de financiamento |
7.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, e o laboratorio Novo Nordisk Pharma, S.A. |
8.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Lundbeck España, S.A., para a difusión e presentación do plan estratéxico de saúde mental de Galicia |
13.5.2026 |
3.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia |
20.5.2026 |
1.085.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares (Asotrame Galicia) para o desenvolvemento de programas de voluntariado no Hospital Universitario de Ourense |
21.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio entre o Instituto Nacional de Estatística, o Instituto Galego de Estatística e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para a realización das estatísticas do movemento natural da poboación e defuncións segundo a causa de morte |
22.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Gersmile, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Begon Alvi Beade |
27.5.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Novo Nordisk Pharma, S.A., para a organización da Xornada de humanización sanitaria 2026 |
3.6.2026 |
3.000,00 € |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en saúde e Pfizer, S.L.U., para a organización da Xornada de humanización sanitaria 2026 |
4.6.2026 |
3.000,00 € |
|
Convenio específico entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A., para o despregamento do proxecto «Galion Erc Avanza» (ES-2024-1029) |
4.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Galego de Colexios Médicos para o desenvolvemento do Programa de atención integral ao médico enfermo «PAIME» |
5.6.2026 |
60.000,00 € |
|
Convenio entre o Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Amgen para a cesión de uso do libro titulado «Caperucita. Unha aventura do corazón» na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés |
8.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a promoción da integración no mercado laboral de persoas con trastorno mental grave |
9.6.2026 |
1.000.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con problemas psicosociais «ASPANEPS» , para a implantación e actualización do proceso asistencial no marco dos trastornos da aprendizaxe e trastornos de saúde mental relacionados en saúde mental infantil-xuvenil |
11.6.2026 |
150.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco da cátedra USC-PLEXUS de intelixencia artificial aplicada á medicina personalizada de precisión para a colaboración en actividades en materia de formación e difusión en materia de IA aplicada á saúde |
12.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo de adhesión da Universidade Europea de Canarias ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta |
16.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo de adhesión da Universidade de Granada ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos ao mesmo, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta |
16.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación A Vítimas de Tráfico para a axuda a pacientes vítimas de accidentes de tráfico |
19.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Santa María de Ois, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Santa María de Ois |
26.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Geriolveira, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Pontevea |
26.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Centro Residencial O Castro, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia O Castro |
26.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC para o desenvolvemento do proxecto de investigación «Incorporación da información clínica de atención primaria e hospitalaria na cohorte IMPaCT: proxecto IMPaCT- IC» baixo o PERTE da saúde de vangarda e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU |
26.6.2026 |
47.190,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto de investigación «Incorporación da información clínica de atención primaria e hospitalaria na cohorte IMPaCT: proxecto IMPaCT- IC» baixo o PERTE para a saúde de vangarda e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- NextgenerationEU |
26.6.2026 |
68.667,00 € |
|
Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asociación de familiares de persoas con parálise cerebral para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia de atención integral APAMP |
26.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Ferrer Internacional, S.A. para a organización dunha actividade formativa sobre rehabilitación cardíaca |
26.6.2026 |
7.800,00 € |
|
1º Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña para a xestión das taxas e prezos públicos correspondentes á Escola Universitaria de Enfermaría dependente da Consellería de Sanidade e adscrita á citada universidade |
29.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento do proxecto de investigación «Incorporación da información clínica de atención primaria e hospitalaria na cohorte IMPaCT: proxecto IMPaCT- IC» baixo o PERTE para a saúde de vangarda e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU |
29.6.2026 |
64.433,00 € |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Consellería de Sanidade e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos para a implantación do programa de voluntariado para apoio nas campañas de doazón da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos |
30.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a posta en marcha dun proxecto relacionado coa análise da pegada ambiental das actividades asociadas á atención sanitaria da enfermidade renal crónica |
30.6.2026 |
Sen achega económica |
|
Concerto entre as universidades públicas que conforman o Sistema Universitario de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo) e o Servizo Galego de Saúde, para o uso das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias |
30.6.2026 |
21.565.082,24 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Itínere |
1.7.2026 |
126.143,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asociación Pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Aspronaga) para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias con menos de cen camas xestionadas pola Asociación Pro persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Aspronaga) |
1.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asociación de pais de persoas con parálise cerebral (ASPACE) para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias con menos de cen camas xestionadas pola Asociación de pais de persoas con parálise cerebral (ASPACE) |
1.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, para un proxecto de investigación denominado «Avaliación do efecto de prototipos de nanosistemas sobre compoñentes sanguíneos para o desenvolvemento de estratexias de modulación inmunolóxica con fins terapéuticos e preventivos» |
1.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Trazo no que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Viaño Pequeno |
2.7.2026 |
24.180,24 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Fundación Hospitalarias para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias con menos de cen camas xestionadas pola Fundación Hospitalarias |
6.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Mimara Asturias Residencial, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia para persoas maiores San Cosme |
6.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social |
13.7.2026 |
181.390,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Santiso no que se establecen as bases para a reforma do Consultorio de Arcediago |
13.7.2026 |
67.905,45 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa de apoio para a recuperación integral das persoas con discapacidade orgánica |
15.7.2026 |
196.800,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para a rehabilitación fisioterapéutica nas enfermidades raras e neurodexenerativas |
16.7.2026 |
32.803,00 € |
|
Acordo de adhesión da Universidade Europea de Madrid, S.A.U. ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta |
22.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Oncolóxica de Galicia para o desenvolvemento do Comprehensive Cancer Centre Galicia |
23.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Atención Xurídico-Social |
24.7.2026 |
19.247,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Atención Xurídico-Social |
24.7.2026 |
27.883,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Atención Xurídico-Social |
24.7.2026 |
17.352,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Atención Xurídico-Social |
24.7.2026 |
8.164,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación «Aliad-Ultreia» para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Atención Xurídico-Social |
24.7.2026 |
57.742,00 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria |
24.7.2026 |
43.405,00 € |
|
Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Barcelona para a realización de prácticas externas en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a esta |
24.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Xaime Quesada Blanco para a cesión de uso de cadros para a súa exposición no Hospital Universitario de Ourense |
29.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Health Economics, S.L., para o desenvolvemento do Proxecto «Curso de Autoformación: Medicina Personalizada e de Precisión» |
30.7.2026 |
Sen achega económica |
|
Acordo entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e o Servizo Galego de Saúde, dependente da Consellería de Sanidade, para a realización da avaliación das actuacións de prevención do suicidio na mocidade financiadas polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 |
12.8.2026 |
40.678,62 € |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Estrada no que se establecen as bases para unha reforma do Centro de Saúde de Oca |
6.8.2026 |
154.112,02 € |
