O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) imponlle a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2026
|
Convenio |
Achega da Consellería (€) |
Data da sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda e Administración Pública, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia |
3.000.000,00 |
31.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda e Administración Pública, e a Asociación Gallega de Jugadores Anónimos (Agaja) para o apoio de accións en materia de xogo responsable durante o ano 2026 |
7.000,00 |
6.8.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda e Administración Pública, e a Asociación Gallega de Ludópatas en Rehabilitación (Agalure) para o apoio de accións en materia de xogo responsable durante o ano 2026 |
7.000,00 |
6.8.2026 |
