DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 30 de setembro de 2026 Páx. 50698

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático durante o segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, procédese á corrección de erros da Resolución do 15 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2026 (DOG núm. 95, do 25 de maio), de xeito que se lle engade á listaxe anexa dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026 por esta consellería o que se sinala no anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de
Medio Ambiente e Cambio Climático

ANEXO I

Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2026

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado

Acordar a prórroga por catro anos da vixencia do convenio de cooperación asinado o 30 de maio de 2022 entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Na actualidade, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático), e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do estudantado, nos mesmos termos, presentes no citado convenio

29 de maio de 2026

Sen achega económica

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Lugo para o fomento do benestar animal

Definir o marco xeral de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Lugo para a futura construción dun parque canino no concello de Lugo

2 de xuño de 2026

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para promover a accesibilidade e a participación das persoas xordas e xordocegas nas accións de difusión e comunicación realizadas pola consellería nos espazos naturais de Galicia

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia co fin de fomentar a accesibilidade das persoas xordas e xordocegas ás accións de difusión, sensibilización e promoción da sustentabilidade do ambiente desenvolvidas pola consellería no seu ámbito de actuación, especialmente as relativas ás aulas da natureza e aos espazos naturais protexidos da Comunidade Autónoma Galega, impulsando medidas que promovan a igualdade de oportunidades e a non discriminación, así como contar coa participación e o servizo especializado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia nas accións de comunicación, difusión e similares que realice a consellería, mediante o servizo de intérprete de lingua de signos española e guías-intérpretes para persoas xordocegas.

4 de xuño de 2026

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Lugo, para a construción dun parque canino

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Lugo, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras dun parque canino

25 de xuño de 2026

132.816,90 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Pontevedra, para a construción dun parque canino

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Pontevedra, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras dun parque canino na zona denominada A Parda, no concello de Pontevedra

29 de xuño de 2026

95.021,30 €

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, para a posta en marcha de iniciativas en materia de estratexia de cambio climático e economía circular no Servizo Galego de Saúde

Formalizar a modificación do acordo de colaboración asinado o 24 de outubro de 2024 entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, mediante a actualización das liñas de traballo en materia de saúde e clima recollidas no seu anexo, co fin de reforzar as actuacións desenvolvidas a través do Observatorio Galego de Saúde e Clima, así como adecuar o réxime de financiamento correspondente á anualidade 2026

2 de xullo de 2026

170.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Ourense, para o desenvolvemento e a execución dun proxecto piloto de refuxios climáticos

Formalizar a modificación dos anexos do convenio de colaboración asinado o 23 de xaneiro de 2026 entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Ourense para o desenvolvemento e a execución dun proxecto piloto de refuxios climáticos

7 de xullo de 2026

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación Protectora de Pesca río Baxoi, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC) a favor da entidade colaboradora (EC) referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Lambre, no río Lambre

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club de Pesca de Reo-Tambre, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Noia, no río Tambre

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca Azor, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do coutos A Ponte Maceira e Negreira, nos ríos Tambre, Barcala e Albariña

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca Padrón, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Padrón, no río Sar

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Río Mandeo para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do Couto Aranga e Betanzos, no río Mandeo

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Río e Mar, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Baio, no río Grande

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación de Pescadores de Caaveiro, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Ombre, no río Eume

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación deportiva Río Ladra para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Begonte, Ladra, Pígara e Baamonde, no ríos Ladra e Parga

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación de Pescadores Ponte de Areas, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Quinte, no río Miño

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Amigos do Río Parga, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Parga e Baamonde, nos ríos Parga e Ladroil

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Clube de Pesca Río Neira, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Láncara e Valdriz, no río Neira

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Deportivo de Pesca Baños de Molgas, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Os Medos, no río Arnoia

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Río Viñao, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Boborás, no río Viñao

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Agrupación Deportivo Natural, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Ribadavia, no río Avia

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Deportiva Pontemoamar, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Bora e Ponte Arnelas, nos ríos Lérez e Umia

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Lalín e Rodeiro, nos ríos Asneiro e Arnego

10 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación Deportiva A Troita, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Penamil, no río Navia

14 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Danica, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Covas, no río Neira

14 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Alaricana, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Allariz, no río Arnoia

14 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Amigos de Ouro, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Val do Ouro, no río Ouro

15 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Deportiva Neria, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto A Ponte do Porto, nos ríos Grande e Cruz de Canle

16 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Pesca Río Cabe, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Monforte, no río Cabe

16 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Gallaecia Pesca a Mosca, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Codeseda, no río Umia

16 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Asociación para a promoción territorial Montañas do Courel, para realizar accións de educación e sensibilización ambiental, e de promoción do turismo de natureza no territorio do xeoparque

Montañas do Courel en 2026

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Asociación para a promoción territorial Montañas do Courel, para realizar actividades orientadas á educación e sensibilización ambiental co fin de contribuír á concienciación ambiental e a un mellor coñecemento da Rede Natura 2000 no territorio que ocupa o Xeoparque Mundial da

UNESCO Montañas do Courel, coincidente cos ámbitos das zonas de especial conservación (ZEC) e zona de especial protección (ZEPA), favorecendo a implicación social na conservación destas zonas.

16 de xullo de 2026

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria (As Pontes de García Rodríguez), para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto As Pontes, no río Eume

17 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación Deportiva de Pescadores da Ulloa, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos A Ulloa, Antas de Ulla e Monterroso, no río Ulla

17 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade Deportiva de Caza, Pesca e Tiro de Silleda, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Taboada e Toxa, no río Deza

17 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación Deportiva de Pesca Santa Comba-Xallas, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Santa Comba, nos ríos Xallas e Abuín

21 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca e Conservación dos Ríos Fario, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto A Laracha, no río Anllóns

22 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Deportivo Rodeo, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Ribeira de Piquín, nos ríos Eo e Rodil

27 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade Deportiva río Ulla, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Ponte Liñares e Rubín, nos ríos Liñares e Curantes

28 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Río Vea, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Souto de Vea, no río Vea

28 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental A Venatoria Sociedade de Caza e Pesca de Santiago de Compostela, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Chaián, no río Tambre

29 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Os Troiteiros, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Ombreiro, no río Miño

30 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Deportivo Castillo Ulla Deza, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Cira, nos ríos Ulla e Deza

30 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade Deportiva de Pesca Pontegrande, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Celanova, nos ríos Arnoia e Ourille

31 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca de Laza, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Laza, no río Támega

31 de xullo de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club de Pesca de Monforte, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto A Labrada, no río Lor

3 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Salmo Club de Pesca Deportiva de A Coruña, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Xallas e Vilarraso, nos ríos Xallas Beba, e Deo

4 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club Centro de Iniciativas Turísticas A Pontenova, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade dos coutos Vilarmide e Xinzo, no río Eo

5 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Pesca Verdeseixo, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Ponte Caldelas, no río Verdugo

5 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca Lousame-Noia, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Traba, no río Sóñora

7 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca de Coristanco, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Verdes, no río Anllóns

7 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club de Pesca Deportiva Río Deza, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Carboeiro, no río Deza

7 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Sociedade de Caza e Pesca Xuvia, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Xuvia, no río Xuvia

10 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio administrativo entre a Deputación de Lugo, o concello de Lugo, a Xunta de Galicia e a Sociedade protectora de Animais e Plantas de Lugo, para colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución da actuación de obras de legalización, reforma e ampliación dun centro de recollida e albergue para animais domésticos sito no lugar de Codesido-parroquia de Muxa; ano 2026

Establecer as bases de colaboración entre a Deputación de Lugo, o concello de Lugo, a Xunta de Galicia e a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo para a execución da actuación de obras de legalización, reforma e ampliación dun centro de recollida e albergue para animais domésticos sito no lugar de Codesido-parroquia de Muxa

13 de agosto de 2026

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club de Caza e Pesca Os Labercos, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Outes, no río Tines

13 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación de Pescadores Amigos do Río Iso, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Arzúa, no río Iso

13 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Asociación de Pescadores San Tomé de Taboada, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Rego de Moreda, no río de Moreda

14 de agosto de 2026

2.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Oroso, para a mellora e o acondicionamento dun parque canino en Porto Avieira

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Oroso, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras de mellora e acondicionamento dun parque canino situado na urbanización Porto Avieira, nunha superficie de actuación aproximada de 900 m² integrada nun contorno natural consolidado dentro do citado núcleo residencial.

14 de agosto de 2026

52.042,69 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Ribeira para a construción dun parque canino

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Ribeira, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras dun parque canino no contorno da senda do río Pedrín, en Cubeliños, na vila de Ribeira, nunha parcela de titularidade municipal que ten unha superficie de 1.950 m²

17 de agosto de 2026

60.071,07 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a entidade colaboradora de pesca continental Club de Pesca Deportiva Londra, para a concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento de equipamento para o desenvolvemento de actividades de mellora ambiental para a sustentabilidade dos ríos na Comunidade Autónoma de Galicia

Instrumentar a concesión directa dunha subvención da CMACC a favor da EC referida, así como establecer as condicións que rexen a colaboración entre as partes, para o desenvolvemento de accións conxuntas de actividades de reforzo da mellora ambiental para a sustentabilidade do couto Rois, nos ríos Rois, Baleirón ou Liñares e Buxán

18 de agosto de 2026

2.000 €

ANEXO II

Corrección de erros da Resolución do 15 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería durante o primeiro cuadrimestre do ano 2026. Engádeselle á listaxe o convenio seguinte:

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Ourense, para o desenvolvemento e a execución dun proxecto piloto de refuxios climáticos

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Concello de Ourense, para a execución dun proxecto piloto de refuxio climático na avenida de Otero Pedrayo, coas especificacións que constan como anexos a este convenio. A súa finalidade é contribuír ao impulso da infraestrutura verde e a conectividade dos espazos verdes, para incrementar a biodiversidade, mellorar a súa conservación, a adaptación ao cambio climático, a mellora da calidade ambiental e a creación de espazos saudables, mediante a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos (programa Galicia Refuxio Climático).

23 de xaneiro de 2026

340.000,00 €