De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), tras intentar a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de que transcorra o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
Contra esta resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de alzada perante a conselleira do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
A Coruña, 23 de setembro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MON-CO-0110-2026 DIA.
DNI persoa denunciada: 32146006X.
Acto de notificación: resolución.
