De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0390/2026-V e cinco máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, situadas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer integramente o acordo de inicio e para que conste tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, de ser o caso, propoñer a proba, concretando os medios dos que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 22 de setembro de 2026
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Número de expediente |
DNI/NIF |
Acto que se notifica |
|
PSC-CO-0390/2026-V |
52930987Y |
Inicio |
|
PSC-CO-0418/2026-COP |
32816563W |
Inicio |
|
PSC-CO-0436/2026-V |
49914287D |
Inicio |
|
PSC-CO-0451/2026-V |
33291715C |
Inicio |
|
PSC-CO-0452/2026-V |
52930965F |
Inicio |
|
PSC-CO-0455/2026-ORS |
39496859V |
Inicio |
