DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 1 de outubro de 2026 Páx. 51097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-161B-C e dezanove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-161B-C e dezanove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións
e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-161B-C

José Cheda Ramos, Dolores Pegueiras Barro

22.9.2026

E-155B-C

Gumersindo Candocia Fernández

22.9.2026

E-169B-C

Josefa Malde Covelo

22.9.2026

E-1497A-C

Bautista Fernández Canosa

22.9.2026

E-1426-C

María Josefa Casal Castro

22.9.2026

DH.T15.26118

32605496Y

22.9.2026

3349-F-202

Vicente Pedre Trasancos e outros

22.9.2026

E-1765-C

Antonio Campo Núñez

22.9.2026

E-105-C

Enrique Méndez Rodríguez

22.9.2026

585-M

José Ojea Pérez

22.9.2026

1412-M

Cándido Taboada Regueira

22.9.2026

1411-M

Cándido Taboada Regueira

22.9.2026

E-62-1637-L

Jaime Otero López, Carmen Vázquez Blanco

22.9.2026

E-62-1637-L_01

Jaime Otero López, Carmen Vázquez Blanco

22.9.2026

E-1314-P

Grupo Sindical de Colonización núm. 13489 Monte do Soto

22.9.2026

DH.A36.9639

35395034N

22.9.2026

DH.A36.13397

Comunidade de Regantes da Tomada

22.9.2026

1157-F-335

José María Rivero de Aguilar y Otero

22.9.2026

E-50-3582-C

Alfredo Romero Gómez

22.9.2026

DH.A15.19651

Comunidade de Usuarios do Manancial do Lodeiro

22.9.2026