En cumprimento do disposto no artigo 29 da orde reguladora das axudas, no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas na convocatoria de 2026 a tripulantes de buques pesqueiros, recollidas no anexo, con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.723A.780.0, para a primeira adquisición dun buque de pesca, aprobadas pola Consellería do Mar e cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 10.12.2025; DOG núm. 2, do 5 de xaneiro de 2026)
Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
ANEXO
|
DNI/NIF |
Persoa ou entidade beneficiaria |
Obxecto da axuda |
Axuda total (€) |
|
***8693** |
Aleixo Manuel Romeiro Ares |
Compra do primeiro buque de pesca |
23.191,60 |
