BDNS (Identif.): 930522.
De conformidade co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/930522
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que superase na Universidade de Vigo durante o curso 2025/26 o traballo fin de grao ou traballo fin de máster universitario; no caso de tese de doutoramento, esta debe ter sido lida e defendida entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026 coa cualificación de sobresaliente cum laude.
Segundo. Obxecto
Recoñecemento dos traballos de fin de estudos de grao e máster universitario e de teses de doutoramento realizados polo estudantado da Universidade de Vigo, que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 17 de setembro de 2026 pola que se convocan os premios ao mellor traballo fin de grao, traballo fin de máster e teses de doutoramento en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social corporativa (RSC) no curso académico 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estes premios será de nove mil euros (9.000 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 18 de setembro ata o 8 de outubro de 2026.
Vigo, 17 de setembro de 2026
A reitora da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 2.7.2026; DOG do 8 de xulo)
Rafael Comesaña Piñeiro
Vicerreitor de Transferencia, Innovación e
Impacto Social da Universidade de Vigo
