DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 1 de outubro de 2026 Páx. 51049

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado mediante a Resolución de 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 25 de agosto de 2026 (DOG núm. 164, do 31 de agosto), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro
de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***6080**

Soubrier Benavides, Jordan

2

PXO110000015770013

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

2

***0761**

Viqueira Miranda, María del Pilar

1

PXO110000015770009

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

3

***0060**

Rodríguez Mato, Silvia

3

PXO110000015770101

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20