DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 1 de outubro de 2026 Páx. 51058

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 228, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 11 e o 24 de setembro de 2026, o tribunal nomeado polas resolucións do 29 de abril de 2026 (DOG núm. 84, do 7 de maio) e do 12 de maio de 2026 (DOG núm. 91, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), acordou:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio, de forma que se manteñen as puntuacións dispostas ao abeiro da Resolución deste tribunal do 20 de xullo de 2026.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 6 de outubro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con bolsos de man, abrigos, gorros, panos, paraugas, mochilas, carpetas, libros, apuntamentos, reloxos, auriculares, dispositivos intrauditivos, teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro material ou instrumento electrónico ou non, de transmisión ou recepción de datos, imaxes ou son de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de estes obxectos.

Para os efectos de poder comprobar a ausencia de calquera dispositivo non autorizado, o persoal aspirante accederá á realización das probas coa cabeza e as orellas despexadas e visibles.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2026

Claudia Vázquez Almendáriz
Presidenta do tribunal