DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 2 de outubro de 2026 Páx. 51275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario para unha praza de arquitecto/a incluída na oferta de emprego público para 2024.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-1143, do 10.6.2026, publicada no BOP número 125, do 3.7.2026, nomeouse a Rosa Mouriño Pérez, con DNI ***9259**, como funcionaria de carreira do Concello de Bueu para unha praza de arquitecta do subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, incluída na oferta de emprego público de 2024.

O que se publica para os efectos do cumprimento do disposto na base terceira das rexedoras do procedemento selectivo de referencia e demais normas de función pública aplicables.

Bueu, 8 de setembro de 2026

Félix Juncal Novas
Alcalde