DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 2 de outubro de 2026 Páx. 51276

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO da convocatoria e das bases dunha praza de tractorista.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 185, do 28 de setembro de 2026, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán a cobertura da praza de persoal laboral fixo, denominada oficial de segunda e tractorista, pertencente ao grupo V (equivalente ao grupo E ou agrupación profesional de persoal funcionario).

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Lousame, 28 de setembro de 2026

Esteban Ares García
Alcalde