No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 204, do 7 de setembro de 2026, publicáronse as bases reitoras que rexen a convocatoria e o proceso de selección para a cobertura, mediante concurso-oposicion, dunha praza de bibliotecario/a para o Concello de Sober en réxime de persoal laboral por substitución, aprobadas mediante o Decreto da Alcaldía do 26 de agosto de 2026.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Sober, 10 de setembro de 2026
Luis Fernández Guitián
Alcalde
