De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de Costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 16 de setembro de 2026, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:
Titular: Club del Mar de San Amaro.
Destino: Instalacións deportivas na praia de San Amaro.
Superficie: 3.690 m².
Prazo: 15 anos.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/praia-san-amaro.pdf
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
