De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU); nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro); na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024; e mais na normativa que regula as bolsas de emprego para a contratación de profesorado substituto, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 24 de xullo de 2026, esta reitoría fai público que por Resolución do 25 de setembro de 2026 se convoca un concurso público para a elaboración dunha bolsa de emprego para profesorado substituto na área de coñecemento de Dereito Mercantil.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC e mais na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 25 de setembro de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 28.8.2026)
Luís María Hervella Nieto
Vicerreitor de Profesorado
