DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 5 de outubro de 2026 Páx. 51546

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Afeito, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

A asemblea extraordinaria de Afeito, S. Coop. Galega (CIF F16798050) que tivo lugar o 1 de setembro de 2026, cumprindo todos os requisitos legais e estatutarios adoptou, por unanimidade, os seguintes acordos:

– Disolver a cooperativa segundo o previsto na Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, así como nos estatutos.

– Nomear como liquidadora a Iriana Domínguez Cagigao.

Miño, 2 de setembro de 2026

Iriana Domínguez Cagigao
Liquidadora de Afeito, S. Coop. Galega