DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 5 de outubro de 2026 Páx. 51547

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

As Lagoas Porto Vello Viviendas Unifamiliares, S. Coop. Galega

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria de socios.

Teófilo Vázquez Fernández (***8079**), actuando como presidente da cooperativa de vivendas As Lagoas Porto Vello Viviendas Unifamiliares, S. Coop. Galega, por medio deste anuncio convoca o próximo día 12 de outubro de 2026 na sede social, rúa Vasco da Ponte 25, Ourense, ás 10.30 horas na primeira convocatoria e ás 11.00 horas na segunda convocatoria, a asemblea xeral extraordinaria, coa seguinte orde do día e aprobación do que proceda:

1. Adaptación dos estatutos á normativa actual de cooperativas de Galicia co fin de reactivar a sociedade cooperativa, segundo o artigo 88 da Lei de cooperativas.

2. Renovación e ratificación da Xunta Reitora.

3. Peticións e preguntas.

Ourense, 14 de setembro de 2026

Teófilo Vázquez Fernández
Presidente de As Lagoas Porto Vello Viviendas
Unifamiliares, S. Coop. Galega