DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 5 de outubro de 2026 Páx. 51526

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo dunha praza de persoal educador social.

No Boletín Oficial da provincia número 135, do 20 de xullo de 2026, publícanse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de persoal educador social por quenda libre.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días hábiles, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Esta información faise pública para o seu coñecemento xeral.

Ferrol, 13 de agosto de 2026

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada de Facenda e Recursos Humanos