No Boletín Oficial da provincia número 126, do 7 de xullo de 2026, publícanse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, de cinco prazas de persoal auxiliar administrativo por quenda libre. Estas bases foron modificadas posteriormente no Boletín Oficial da provincia número 143, do 30 de xullo de 2026.
A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Esta información faise pública para o seu coñecemento xeral.
Ferrol, 14 de setembro de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada de Facenda e Recursos Humanos
