Esta resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Mediante a Resolución do 24 de setembro de 2026 convocouse para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escalas técnicas de mantemento de servizos, de recursos naturais e forestais, especialidades de capataz, mecánico naval, patrón de embarcación e guía intérprete de patrimonio natural, de cociña, de condución e de análises de laboratorio; no corpo de auxiliares de carácter técnico, escalas de gardas de recursos naturais, de auxiliar de cociña, de auxiliar de mantemento, de auxiliar de laboratorio, de auxiliar de condución e de auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidades de oficial e de mariñeiro vixilante, e en agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, de recursos naturais e forestais e de mantemento. A devandita resolución foi modificada pola Resolución do 1 de outubro de 2026 (DOG núm. 189, do 5 de outubro).
Logo de observar erros na relación de persoas aspirantes convocadas á elección de postos, cómpre modificar o anexo I.
Debido a todo isto, esta consellería, en exercicio das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,
DISPÓN:
Primeiro. Engadir ao anexo I para a agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña (subgrupo AP), a seguinte persoa aspirante logo de que acreditase os requisitos de acceso ou que se atopaba en destino provisional:
|
Núm. de orde de elección de destino |
Núm. de orde do proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Convocatoria |
Acceso |
|
12 |
-- |
***6948** |
Suárez Huertas, Pablo Eric |
-- |
Funcionarización |
Como consecuencia desta inclusión modifícase de maneira correlativa o número de orde de elección de destino do resto das persoas.
Segundo. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase presentar un recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
